A secretaria xeral da Igualdade recibe a membros da xunta de goberno do CPETIG

O obxectivo do encontro foi sentar as bases de accións futuras orientadas a favorecer o uso responsable e en condicións de igualdade das novas tecnoloxías entre a poboación moza de Galicia, corrixindo o repunte de machismo que están a poñer de relevo numerosos estudos recentes, explicado en parte polo emprego das novas tecnoloxías. Un dos máis recentes, presentado a principios de ano polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, amosa que case un de cada tres persoas mozas considera «aceptable en ocasións» ou «inevitable» ao menos unha destas actitudes: controlar as relacións con amigos ou familiares, que pode ou non pode facer ou os seus horarios.