De entre os temas tratados na orde do día da reunión, encontrábase a proposta de modificación do RD 1029/2002, polo que se establece a composición e réxime de funcionamento do citado Consello Asesor, co fín de incluír representación dos Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica en Informática e Enxeñaría en Informática e dar cumprimento ás leis de creación dos Consellos Xerais, Lei 20/2009 e Lei 21/2009.
Péchase polo tanto unha das demandas do colectivo dos Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos Informáticos, que poderán velar coa súa profesionalidade e bo facer en materia de Tecnoloxías da Información e Comunicación dende un punto de vista de Enxeñaría Informática, como profesionais garantes do desenvolvemento da Sociedade da Información.
Neste parabén, non poden esquecérsenos tantos compañeiros profesionais, que nos apoiaron en todo o longo proceso para conseguir facer isto unha realidade, xa que foi o traballo e esforzo de todos, profesionais, asociacións, colexios profesionais e Consellos Xerais os que fixeron que ao final poidamos pertencer como membros de pleno dereito ao citado Consello Asesor.
Por último, agradecemos a todos os cargos políticos, que nos escoitaron, nos tenderon a man e tiveron en consideración incluír a modificación do RD 1029/2002 nas Proposicións de Lei de creación dos Consellos Xerais, sen eles tería sido máis complicado alcanzar este momento e aproveitamos para recordarlles que agora debemos traballar todos xuntos por unha meta maior, a normalización profesional da situación do colectivo recibindo o mesmo recoñecemento que o resto de Ingenieros, isto é, a regulación profesional dos Enxeñeiros Técnicos en Informática e Enxeñeiros en Informática, xa que se queremos que a nosa sociedade sexa unha sociedade tecnoloxicamente segura, non debemos deixar de lado os profesionais que a desenvolven.