O CPETIG xa ten en marcha o operativo de organización do II Congreso de Xestión de Proxectos, #SilverBullet18, que terá lugar na Cidade da Cultura o vindeiro mes de setembro, nunha data da segunda quincena aínda por determinar, da que se informará oportunamente.
#SilverBullet18, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, reunirá a oferta e a demanda do sector da xestión de proxectos, como espazo de encontro para propiciar un intercambio de información e opinión entre as persoas asistentes.
A xornada ten como obxectivo fomentar a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.
Intervirán relatores de referencia profesional e especial relevancia no sector, coas súas presentacións estruturadas ao longo dunha xornada, de xeito que favoreza a reciclaxe profesional e a actualización de coñecementos, accedendo ás últimas novidades e tendencias neste ámbito.