Ecuador do pograma Girl Steam 2026 hoxe en Guitiriz

·         A actividade chega ao ecuador do seu desenvolvemento cun total de 24 tallares executados dende o 29 de xullo e 258 nenos e nenas nas aulas

·         Está liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2026.- Guitiriz é sede hoxe da celebración dos obradoiros Girl Steam 2026 cos que se chega ao ecuador da actividade cun total de 24 talleres executados dende o seu inicio o 29 de xuño na aula Cemit da cidade de Pontevedra e Betanzos e que remata en Santiago a primeira semana de setembro.

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lideran este novo ciclo de obradoiros de verán para incentivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas e nenos, que continuará durante o mes de agosto e a primeira semana de setembro.

Ata a actualidade están executados  dende o 29 de xuño un total de  24 talleres, a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT dos concellos de Galicia. A este novo ciclo de obradoiros achegáronse un total de 258 nenos e nenas.

Cada concello conta cunha ou dúas quendas por idade de 4 horas de duración, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-16 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.

 Contidos dos obradoiros

Os obradoiros combinan actividades prácticas de robótica, creación audiovisual e programación creativa, fomentando valores e competencias clave para o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade.

Baixo o título “Casa Domótica Accesible”, o obradoiro propón un reto tan actual como divertido: ¡Imos deseñar unha casa sostible e eficiente! A través desta actividade práctica, a rapazada aprenderá a aplicar a tecnoloxía para crear espazos máis intelixentes, respectuosos co medio ambiente e accesibles para todas as persoas.

Empoderar ás rapazas nos eidos STEAM

Con esta iniciativa búscase impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM  e apostar por profesións do ámbito TIC.