Que este Consello Xeral é consciente e está preocupado pola actual situación da Enxeñaría Técnica en Informática no noso país. Que a importancia que cobra cada día a Informática na nosa sociedade e a necesidade de ordenar a profesión para garantir a protección á sociedade e un crecemento económico baseado na tecnoloxía é unha máxima para nós, polo que traballaremos para que se nos recoñeza en igualdade de condicións ao resto de Enxeñeiros Técnicos, solicitando que se nos inclúa nos grupos de traballo do citado borrador de anteproxecto.
Que tendo en conta o marco que se abre con esta reforma, estase xa en contacto co resto de actores implicados, Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática (CCII), Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Informática (CODDII) e Reunión de Estudantes de Enxeñarías Técnicas e Superiores en Informática (RITSI) para demandar un trato xusto e ecuánime co resto de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos e polo tanto un recoñecemento explícito ás profesións de Enxeñeiro Técnico en Informática e Enxeñeiro en Informática e para iso formular as accións que se crean oportunas co obxectivo de alcanzar os fins propostos.