Carlos Vila, membro da Xunta de Goberno e Delegado de Protección de Datos do CPETIG, realizou onte declaracións para o Telexornal de TVG, coincidindo co Día Internacional da Protección de Datos.
Vila puxo de relevo a necesidade de afondar na cultura da protección de datos e na importancia de protexer a privacidade, no marco da actual normativa. Explicou a orixe desta conmemoración, iniciada en 2006, e enumerou algunhas das medidas básicas que hai que adoptar para evitar fugas de información ou ciberataques.
Non usar wifis públicas ou en caso de facelo que sexa a través de VPN (Redes Privadas Virtuais), empregar contrasinais máis seguros, actualizar os dispositivos, instalar antivirus e facer copias de seguridade con regularidade son as recomendacións mínimas para xogar con seguridade no escenario de Internet.
Conectarse a unha rede wifi pública é una exposición de risco para os datos personais, aos que se pode ter acceso e ser hackeados. Tamén a elección de contrasinais seguros é determinante. Se ben é certo que resulta complicado memorizar numerosos contrasinais, existen administradores que facilitan esta tarefa, gardan e xestionan os contrasinais para introducilos, en cada caso, cando sexan requeridos.
Por outra banda, as actualizacións resultan fundamentais para o correcto funcionamento de calquera dispositivo, que deber tener instalada sempre a última versión do seu sistema operativo. Os dispositivos móbiles son os máis expostos e os máis sensibles, polo que requiren unha especial cautela para que sexan difícilmente accesibles polos ciberdelincuentes.
Non abrir arquivos de orixe descoñecida ou sospeitosa é asemade imprescindible, sobre todo nestes tempos nos que se comparten moitos contidos multimedia a través dos sistemas de mensaxería instantánea.
E, complementariamente, hai que ter copias de seguridade de toda a información relevante contida nos equipos. Esas copias deben facerse de manera frecuente porque, sen dúbida algunha, antes ou despois, serán a salvagarda en caso de ser obxecto dun ataque informático.