Neste Manifesto o colexio avoga por levar a Rede e a xeración de redes de cooperación a tódolos ámbitos; pola inclusión de todos os territorios e tódolos colectivos na nova Sociedade; pola unión, dentro da diversidade e con respeto á diferencia, de todos os colectivos de profesionais con competencias TIC para dar resposta e afrontar de xeito común os retos os que se enfronta Galicia; polo recoñecemento do papel chave que xogan as enxeñarías en informática no proceso; por facer das enxeñarías en informática profesións “sexys” que atraian os xovenes e as mulleres; pola incorporación masiva das mulleres á industria TIC; e pola participación dos xovenes expertos en TIC na toma de decisións relacionadas coa mellora de procesos e competitividade das empresas e organizacións. Esta declaración foi enviada ós medios de comunicación galegos e podes consultala completa eiquí: Manifesto día de Internet e día da Sociedade da Información