Curso práctico de peritaxes e informática forense

Un ano máis, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia mostra a súa aposta pola formación no eido das peritaxes e da informática forense. No marco do convenio asinado coa AMTEGA presenta este curso práctico de peritaxes e informática forense.

O curso ten unha duración de 25h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG.

Destinatarios

Os destinatarios deste curso son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes de enxeñaría informática.

Lugar

Gran Hotel Santiago, Avenida do Mestre Mateo, 27. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Axenda do curso

O curso terá lugar en dous fins se semana consecutivos, co seguinte horario:

  • Venres 08/11: 16:30 a 21:00
  • Sábado 09/11: 9:00 a 14:00 e 15.30 a 18.30
  • Venres 15/11: 16:30 a 21:00
  • Sábado 16/11: 9:00 a 14:00 e 15.30 a 18.30

Formadores

A formación deste curso correrá a cargo de:

Ignacio Briones Martínez, enxeñeiro en informática, máster en seguridade e auditoría informática e Certified Informaticon System Auditor (CISA)

Juan Luis García Rambla, director do departamento de seguridade TIC de Sidertia Solutions e autor do libro “Un forense llevado a juicio”

Programa da acción formativa

Este curso terá un carácter eminentemente práctico. Facilitarase ao alumno un entorno virtualizado en Virtual Box con catro escenarios sobre os que se realizará a formación. Os alumnos deberán levar o seu propio portátil. (Configuración recomendada: RAM mínima 2GB, espazo dispoñible en HD: 10GB, sistema operativo: Windows XP SP3 ou superior*, sistema de virutalización VirtualBox instalado)

* O sistema de virtualización VirtualBox é compatible cos sistemas OSX e Linux e non debería presentar ningún problema o uso de equipos con estos sistemas. Aínda así, é recomendable a realización de probas de funcionalidade dos entornos virtuais, que se porán a dispor dos alumnos, con antelación ao inicio da actividade formativa.

O programa do curso é o seguinte:

  1. Introdución á análise forense. Procesos, procedementos e figuras.
  2. Recollida de evidencias de discos e sistemas tradicionais.
  3. Adquisición de evidencias de dispositivos externos e dispositivos móbiles.
  4. Preparación dun ámbito hixienizado para a realización da análise forense. Tratamento da evidencia electrónica.
  5. Análise de evidencias: escenarios, obxectivos e tratamento da información.
    1. Procura de datos en disco: exemplos de escenarios de tratamento de logs, correo electrónico e procura de ficheiros.
    2. Procura de conexións e análise de tratamento de rede.: exemplos de escenarios de uso de aplicacións e ataques a infraestruturas e sistemas.
    3. Análise de procesos, aplicacións e memoria: exemplos de escenario de ataque de malware ou intrusión de aplicacións tipo RAT.
    4. Análise de dispositivos móbiles e comprimidos: exemplos de análise de incidencias ou busca de datos en dispositivos.
  6. Liña temporal e relación con cliente. Obtención dos datos significativos, correlación de evidencias e obtención de conclusións.
  7. Técnicas antiforenses. Identificación e aplicación de contramedidas.
  8. Informe forense. Xeración dun informe coherente e consistente, con capacidade para afrontar un xuízo ou un contrapericial.

Matricula e prezos

Inscrición

Prazo de inscrición:

  • Dende o 22 de outubro ao 4 de novembro

número de prazas dispoñibles é limitado, adxudicándose por orde de inscrición.

Os colexiados (identificados previamente na web) deberán inscribirse a través do enlace “Inscribirse” situado na parte inferior da páxina e enviar o xustificante bancario de abono da matrícula á conta que aparece no seguinte apartado. O resto de usuarios non rexistrados (público xeral, estudantes ou compromisos de colexiación), para realizar a inscrición deben entregar a seguinte documentación:

  • Formulario de inscrición. Deberase enviar por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO PERITAXES.
  • Xustificante bancario do abono da matrícula, que deberá realizarse na conta corrente do CPETIG en Nova Galicia Banco nº 2080-1003-22-3040021451.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado “Coléxiate” da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

Prezos

No prezo da matrícula, aparte do material que se entregará a cada alumno, inclúese o xantar das 2 xornadas de sábado.

Tipo de matrículaPrezoObservacións
Matricula ordinaria300€
Matrícula reducida120€Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO
Matrícula colexiados*50€Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación

* Os colexiados en situación de desemprego terán unha redución do 50% na cota de inscrición. Para facer efectivo este desconto deben introducir o cupón desempregadono proceso de inscrición. Neste caso, ademáis da documentación antes referida, deben enviar tamén copia da tarxeta de demandante de emprego válida na data de inscrición.

Renuncia á matrícula

Si renuncia ata 7 días naturais antes do comezo do curso, devolverase o 100% do importe da matrícula. Si renuncia entre 3 e 6 días naturais, devolverase o 50% do importe da matrícula. Si renuncia faltando menos de 3 días naturais, non se devolverá do importe da matrícula. A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoperitaxes@cpetig.org