Tralo éxito das dúas edicións do curso teórico de Peritaxes e informática forense, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presenta a primeira edición do Curso práctico avanzado de peritaxes.
Este curso ten unha duración de 16h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG. Terá lugar na aula de informática da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, e haberá un total de 50 prazas.
Destinatarios
Os destinatarios desta actuación son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes destas titulacións.
Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles
Preinscrición
Para matricularse neste curso deberá cumplimentar unha preinscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matrícula, sempre que fora aceptado no curso. O prazo de preinscrición é do 18 ó 28 de marzo.
As prazas adxudicaranse por sorteo, e dacordo á seguinte preferencia:
- Colexiados do CPETIG que forman parte do Corpo Oficial de Peritos no ano 2010.
- Colexiados e precolexiados do CPETIG, que tivesen realizado o curso teórico de peritaxes do CPETIG ou curso convalidado nos últimos dous anos.
- Resto de colexiados ou precolexiados, ou aqueles que asinen o compromiso de colexiación / pre-colexiación.
- Outras solicitudes.
Formulario para preinscribirse no curso e que deberá ser remitido por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PRACTICO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831.
Formalización da Inscrición
O día 30 de marzo de 2010 faranse públicas as listas dos solicitantes admitidos e a partires dese momento se poderá proceder á formalización da matrícula mediante o abono do importe correspondente ata o 5 de abril. A lista de admitidos poderá consultarse na páxina web do CPETIG, http://www.cpetig.org. Asímesmo se enviará un email aos solicitantes que o indicaran no formulario de preinscrición.
A admisión ao curso non será definitiva ata o momento en que se presenten ao CPETIG o resgardo do certificado bancario no que figure que se ingresou ou trensferiu á conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091-1003-92-3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso, a cantidade que corresponda segundo o tipo de matrícula. Transcurrido o prazo de formalización de matrícula sen que fora feito efectivo e xustificado dito importe, quedará cancelada a reserva da praza que será adxudicada seguindo a orde de solicitantes que estiveran en lista de espera.
Se deberá completar o formulario de preinscripción, realizar o abono da matrícula e presenta-la documentación indicada a continuación, que deberá ser remitida por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831:
- Xustificante bancario do abono da matrícula.
- No caso de ser beneficiario da matrícula reducida para estudiantes deberase enviar a cursoperitaxes@cpetig.org documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
- Unha copia do impreso da solicitude de preinscripción.
- No caso de ser colexiado ou precolexiado do CPETIG esta condición verificarase de oficio.
- No caso de ser membro do Corpo oficial de peritos esta condición verificarase de oficio.
- No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación, este compromiso leva asociado para os seleccionados para o curso, ademais do pago da matrícula o ingreso da cota do primeiro semestre para colexiados (50€) e precolexiados (25€). Para este ingreso seguiranse os pasos definidos no encabezado do presente apartado. A documentación de colexiación, que se detalla no apartado Coléxiate!! da web do Colexio http://www.cpetig.org, deberá ser presentada o primeiro día do curso. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia).
En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula.
Prezos
Tipo de matrícula | Prezo | Observacións |
---|---|---|
Matricula ordinaria | 250€ | |
Matrícula reducida | 125€ | Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO |
Matrícula colexiados | 75€ | Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación |
Axenda do curso
O curso terá lugar en dous fins se semana consecutivos, e co seguinte horario:
- Venres 09/04: 16:30 a 20:30
- Sábado 10/04: 10:00 a 14:00
- Venres 16/04: 16:30 a 20:30
- Sábado 17/04: 10:00 a 14:00
Programa da acción formativa
O curso será impartido por Javier Pagès, Licenciado en Informática pola Universidade de Valladolid, e experto en Informática forense, peritaxe e seguridade. O programa do curso é o seguinte:
Fases dun análise forense
0. Preparación
1. Identificación
2. Adquisición – Captura de evidencias
Evidencia volátil
Evidencia non volátil
* Discos / Tarxetas Memoria / USB
* Móbiles / PDA
Ferramentas HW e SW
3. Análise de evidencias
Evidencia volátil
Evidencia non Volátil
4. Documentación
5. Dictamen
o Práctica Final – Reto Forense
Máis información
Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoperitaxes@cpetig.org