Curso de Peritaxes e Informática Forense 2010

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxicaorganiza os días 12 e 13 de marzo un curso de Peritaxes e Informática Forense que se levará a cabo no Hotel GH Santiago en Avda. Maestro Mateo s/n, Santiago de Compostela.

Este curso, gratuíto para colexiados e precolexiados, constitúe a iniciación ao mundo legal e xudicial da Peritaxe e Informática Forense. Ter realizado formación complementaria sobre práctica forense é un requisito imprescindible(xunto con estar colexiado) para formar parte do Corpo Oficial de Peritos Informáticos do CPETIG.

O obxectivo da acción é coñecer os novos avances que na instrución legal e no valor probatorio se deron nos últimos anos así como afondar no coñecemento das últimas novidades lexislativas no eido da informática.

Este curso de inicio ten unha duración de 8h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG.

Os asistentes recibirán ó completar este curso certificado de asistencia e unha copia do libro “La peritación informática: un enfoque práctico”.

Obxectivos

O artigo 335 da Lei de Enxuizamento Civil di que “cuando sean necesarios conocimientos científicos, artísticos, técnicos o prácticos para valorar hechos o circunstancias relevantes en el asunto o adquirir certeza sobre ellos, las partes podrán aportar al proceso el dictamen de peritos que posean los conocimientos correspondientes o solicitar, en los casos previstos en esta ley, que se emita dictamen por escrito designado por el tribunal”.

A elaboración destes ditames foi un campo profesional tradicionalmente ligado a sectores como a arquitectura, a enxeñaría industrial ou mesmo a medicina. Sen embargo, o desenvolvemento da Informática nos últimos anos implica a aparición de reclamacións xudiciais e novos delitos nun sector cunha elevada carga técnica e cheo de particularidades legais.

É necesario crear e formar expertos que poidan servir de axudas aos xuíces á hora de tomar unha decisión nun caso. Estes expertos deben coñecer as últimas técnicas probatorias e o valor das mesmas, manter un elevado nivel de instrución e coñecementos sobre os avances técnicos e legais que se produzan.

Destinatarios e Efectos Esperados

Os destinatarios desta actuación son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes destas titulacións.

Con esta acción preténdese conseguir unha serie de fitos relevantes:

  • Formar aos actuais e futuros enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática de Galicia nas últimas técnicas de análise forense e práctica pericial.
  • Formar aos actuais e futuros enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática de Galicia nos últimos a vances de práctica procesal e valor probatorio das evidencias.
  • Dar a coñecer a última normativa legal relacionada co campo da Informática.
  • Proporcionar á sociedade e aos órganos xudiciais en particular de peritos coa máis elevada calidade.
  • Aumentar a valoración e recoñecemento profesional dos profesionais enxeñeiros e enxeñeiros técnicos de Galicia na sociedade.

Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles

Preinscrición

Para matricularse neste curso deberá cumplimentar unha preinscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matricula, sempre que fora aceptado no curso. O prazo de preinscrición é do 18 de febreiro ao 2 de marzo.

O número de prazas dispoñibles é de 100. Adxudicaranse segundo a data de recepción da pre-inscrición, e dacordo á seguinte preferencia:

  1. Colexiados e precolexiados do CPETIG, ou aqueles que asinen o compromiso de colexiación / pre-colexiación, que non tivesen feito o curso na súa edición do 2008.
  2. Resto de colexiados e precolexiados do CPETIG.
  3. Outras solicitudes.

Formulario para preinscribirse no curso e que deberá ser remitido por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831.

Formalización da Inscrición

O día 3 de marzo de 2010 faranse públicas as listas dos solicitantes admitidos e a partires dese momento se poderá proceder á formalización da matrícula mediante o abono do importe correspondente ata o 8 de marzo. A lista de admitidos poderá consultarse na páxina web do CPETIG, http://www.cpetig.org. Asímesmo se enviará un email aos solicitantes que o indicaran no formulario de pre-inscrición.

A admisión ao curso non será definitiva ata o momento en que se presenten ao CPETIG o resgardo do certificado bancario no que figure que se ingresou o transferido á conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091-1003-92-3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso, a cantidade de 180 euros ou 90 euros segundo corresponda (excepto colexiados e precolexiados). Transcurrido o prazo de formalización de matrícula sen que fora feito efectivo e xustificado dito importe, quedará cancelada a reserva da praza que será adxudicada seguindo a orde de solicitantes que estiveran en lista de espera.

Se deberá completar o formulario de preinscripción, realizar o abono da matrícula e presenta-la documentación indicada a continuación, que deberá ser remitida por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831:

  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • Fotocopia do carnet de identidade ou pasaporte.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida deberase enviar a cursoperitaxes@cpetig.org documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • Unha copia do impreso da solicitude de preinscripción.
  • No caso de ser colexiado ou precolexiado do CPETIG esta condición verificarase de oficio.
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación, este compromiso leva asociado, para os seleccionados para o curso, o ingreso da cota do primeiro semestre para colexiados (50€) e precolexiados (25€). Para este ingreso seguiranse os pasos definidos no encabezado do presente apartado. A documentación de colexiación, que se detalla no apartado Coléxiate!! da web do Colexio http://www.cpetig.org, deberá ser presentada o primeiro día do curso. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia).

En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula.

Prezos

Matricula Ordinaria180€
Matrícula Reducida90€Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO
Matrícula gratuíta0€Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación

Programa e Descrición da acción formativa

A actividade estrutúrase en dúas xornadas: unha parte de coñecementos legais e xurídicos, de práctica procesal, de xeito xeneral e outra parte de coñecementos de pericia forense enfocados ao ámbito tecnolóxico-legal e informático-legal en particular.

O desenvolvemento temporal da mesma será do seguinte xeito:

DIA 1: NORMATIVA PROCESAL PERICIAL (día 12 en horario de 16h a 20:00h)

PONENTE: Dna. Cristina Nebot López (Abogada-Socia Bufete Dereito Informático Pintos&Salgado. Experta en Seguridade Técnico-Legal de Internet)

Introducción: a informática forense como medio de proba.

Aspectos Legais e Xurídicos.
Concepto de proba.
Evolución da proba como consecuencia das novas tecnoloxías.
Proba pericial; ámbito, obxecto e finalidade do ditamen pericial.
Incorporación da proba pericial ao proceso. Proposición das partes e designación xudicial.
Proposición, aceptación e nombramento.

Peritos
Condicións e clases.
Tachas dos peritos: a recusación.
Obrigacións e dereitos dos peritos na súa intervención no proceso.
Comparecencia dos peritos na vista.
Códigos de práctica e de conduta.
Responsabilidade derivada da intervención pericial; civil, penal, profesional.

Informe Pericial
Informes Xudiciais e Extraxudiciais.
Estrutura e contido.
Valoración xudicial dos ditames periciais..

DIA 2: NORMATIVA SUSTANTIVA DA PERICIAL TECNOLÓXICA (día 13 de 10h a 14h)

PONENTE: D. Víctor Alberto Salgado Seguín (Abogado-Socio do Bufete de Dereito Informático Pintos&Salgado e EuroPrise Legal Expert da Comisión Europea)

Introdución e ámbitos xerais regulados polo Dereito Informático

Protección de Datos de Carácter Persoal
Base Xurídica: a LOPD.
Definicións, responsables e obrigas básicas.
Medidas de Seguridade: Niveis básico, medio e alto.

Comercio Electrónico
Base Xurídica: a LSSI.
Responsabilidade de Intermediarios e prestadores.
Publicidade en Internet: o SPAM.
Contratación electrónica.

Firma Electrónica
Base Xurídica: a LFE.
Concepto e tipos de Firma.

Propiedade Intelectual
Base Xurídica: a LPI.
Concepto e obxectos de protección.
Dereitos morais e patrimoniais.
Protección do Software.

Delitos Tecnolóxicos
Base Xurídica: Código Penal. Concepto e tipos.
Delitos de defraudación electrónica, danos informáticos, violación da intimidade, “piratería”, etc.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoperitaxes@cpetig.org