Curso de Peritaxes 2011

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica organiza os días 04 e 05 de novembro a edición do ano 2011 do curso de Peritaxes e Informática Forense.


Este curso, con condicións de acceso moi vantaxosas para colexiados e precolexiados, constitúe a iniciación ao mundo legal e xudicial da Peritaxe e Informática Forense. Ter realizado formación complementaria sobre práctica forense é un requisito imprescindible (xunto con estar colexiado) para formar parte do Corpo Oficial de Peritos Informáticos do CPETIG.

O curso ten unha duración de 12h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG. Nesta edición, o curso inclúe dous módulos diferenciados en cada unha das dúas xornadas e como novidade un período de soporte a consultas dos asistentes por parte dos formadores.

Na primeira xornada, da man da empresa especializada Informatica64, e a través de demostracións prácticas farase unha aproximación ao análise forense en moitas das súas versions, tales como que se pode conseguir analizando un sistema operativo, dispositivo móbil, ou simplemente, analizando o tráfico de rede que circula nun equipo.

Na segunda xornada, e coa participación do bufete especializado Pintos&Salgado e do perito do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG Miguel Abal, abordarase a normativa aplicable e unha aproximación práctica á elaboración dun informe pericial.

Estas xornadas diferenciadas permitirán facilitar a base en normativa, coñecementos técnicos e elaboración de informe pericial que un enxeñeiro informático debe posuír para comezar a traballar como perito informático.

Obxectivos

O artigo 335 da Lei de Enxuizamento Civil di que “cuando sean necesarios conocimientos científicos, artísticos, técnicos o prácticos para valorar hechos o circunstancias relevantes en el asunto o adquirir certeza sobre ellos, las partes podrán aportar al proceso el dictamen de peritos que posean los conocimientos correspondientes o solicitar, en los casos previstos en esta ley, que se emita dictamen por escrito designado por el tribunal”.

A elaboración destes ditames foi un campo profesional tradicionalmente ligado a sectores como a arquitectura, a enxeñaría industrial ou mesmo a medicina. Sen embargo, o desenvolvemento da Informática nos últimos anos implica a aparición de reclamacións xudiciais e novos delitos nun sector cunha elevada carga técnica e cheo de particularidades legais.

É necesario crear e formar expertos que poidan servir de axudas aos xuíces á hora de tomar unha decisión nun caso. Estes expertos deben coñecer as últimas técnicas probatorias e o valor das mesmas, manter un elevado nivel de instrución e coñecementos sobre os avances técnicos e legais que se produzan.

Destinatarios e Efectos Esperados

Os destinatarios desta actuación son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes destas titulacións.

Con esta acción preténdese conseguir unha serie de fitos relevantes:

  • Formar aos actuais e futuros enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática de Galicia nas últimas técnicas de análise forense e práctica pericial.
  • Formar aos actuais e futuros enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática de Galicia nos últimos avances de práctica procesal e valor probatorio das evidencias.
  • Dar a coñecer a última normativa legal relacionada co campo da Informática.
  • Proporcionar á sociedade e aos órganos xudiciais en particular, peritos coa máis elevada cualificación.
  • Aumentar a valoración e recoñecemento profesional dos profesionais enxeñeiros e enxeñeiros técnicos de Galicia na sociedade.

Axenda

  • Día I – Venres 4 de novembro.
    • 09:00 a 14:00 horas
    • 15:00 a 18:00
      • 12:00 a 12:20 café
      • 14:00 a 15:00 xantar
  • Día II – Sábado 5 de novembro.
    • De 10:00 a 14:00
      • 12:00 a 12:30 café

Lugar

Gran Hotel Santiago, Avenida do Mestre Mateo, 27. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Matriculación e prazos

  • Colexiados e precolexiados do CPETIG, ou aqueles que asinen o compromiso de colexiación / pre-colexiación, que non tivesen feito o curso teórico na súa edición do 2010: do 04/10/2011 ao 01/11/2011
  • Outras solicitudes: do 10/10/2011 ao 01/11/2011

O número de prazas dispoñibles é de 50, adxudicándose por orde de inscrición.

Para formalizar a solicitude* dunha praza é necesario remitir a seguinte documentación:

  • Formulario para inscribirse no curso e que deberá ser remitido por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831
  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado “Coléxiate!!” da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula.

* Cada solicitude de praza recibida, recibirá información puntual sobre o estado da súa solicitude. Ás solicitudes recibidas que non se lle asigne praza, se lle devolverá o importe íntegro da matrícula

Prezos

O prezo da matrícula inclúe o xantar tipo buffet da xornada do venres no Gran Hotel.

Matricula Ordinaria250€
Matrícula Colexiados50€Colexiados ou precolexiados do CPETIG e titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación*
Matrícula estudantes100€Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO

* O compromiso de colexiación implica o pago da cota de colexiación do segundo semestre: 50€ colexiados e 25€ pre-colexiados.

Renuncias de prazas asignadas.

Si renuncia ao curso ata 7 días naturais antes da súa realización, devolverase o 100% do importe da matrícula.

Si renuncia entre 3 e 6 días naturais antes do curso, devolverase o 50% do importe da matrícula.

Si renuncia faltando menos de 3 días naturais, non se devolverá o importe da matrícula.

A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Programa e Descrición da acción formativa

Durante os 15 días posteriores á finalización do curso, calquera dos asistentes disporá da posibilidade de realizar consultas de dúbidas técnicas ou teóricas relacionadas coas materias abordadas. No desenvolvemento do curso, ó asistente se lle proporcionarán os medios de contacto axeitados para canalizar as súas consultas a través de correo electrónico.

O desenvolvemento temporal da mesma será do seguinte xeito:

DIA 1: ANÁLISE FORENSE DIXITAL (día 04/11 en horario de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 horas. Xantar de 14:00 a 15:00) RELATOR: D. Juan Garrido Caballero (Consultor de sistemas e seguridade en Informatica64)

1 Introdución á análise forense

a. Escenarios e modelos para a análise forense
b. Evidencias
c. Tratamento dos escenarios
d. Preservación de evidencias

2 Recollida de evidencias

a As evidencias en casos xudicializados
b Tratamento das evidencias
d As ferramentas de análise forense

3 Búsqueda de datos

a Análise temporal da información

4 Análise Forense baseado en casos específicos

a Análise forense baseado en datos temporais (RAM)
b Análise forense baseado en comunicacións
c Análise forense baseado en telefonía móbil
d Análise forense baseado en Logs

DIA 2: NORMATIVA E INFORME PERICIAL (día 05/11 en horario de 10h a 14:00h)

RELATOR: D. Víctor Salgado (Abogado-Socio Bufete Dereito Informático Pintos&Salgado. Experto en Seguridade Técnico-Legal de Internet)

PARTE 1. NORMATIVA PROCESAL PERICIAL

1 Aspectos Legais e Xurídicos.

a. Proba pericial; ámbito, obxecto e finalidade do dictame pericial.
b. Incorporación da proba pericial ao proceso. Proposición das partes e designación xudicial.

2 Peritos

a. Condicións e clases.
b. Tachas dos peritos: a recusación.
c. Obligacións e dereitos dos peritos na súa intervención no proceso.
d. Comparecencia dos peritos na vista.
e. Responsabilidade derivada da intervención pericial; civil, penal,profesional.

PARTE 2: NORMATIVA SUSTANTIVA DA PERICIAL TECNOLÓXICA

3- Protección de Datos Persoais

a. Definicións, responsables e obligacións básicas.
b. Medidas de Seguridade: Niveis básico, medio e alto.

4- Comercio Electrónico

a. Responsabilidade de intermediarios e prestadores.
b. Contratación electrónica.

5- Firma Electrónica

a. Concepto e tipos de Firma.

6- Propiedade Intelectual

a. Concepto e obxectos de protección.
b. Dereitos moraies e patrimoniais.

7- Delitos Tecnolóxicos

a. Delitos de defraudación electrónica, danos informáticos, violación da intimidade, “piratería”, etc.

PARTE 3: O INFORME PERICIAL

RELATOR: D. Miguel Abal (perito informático, responsable do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG e CEO en Dreitec S.L.)

1. Elaboración do informe pericial

a. Pasos recomendados
b. Modelo estandarizado de informe do CPETIG
c. O visado. Requisitos e procedemento de visado

2. O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG (COP)

a. Que é
b. Como funciona
c. Vantaxes

3. Exemplos de periciais

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoperitaxes@cpetig.org