Curso Oficina de Xestión de Proxectos (PMO)

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, organiza o curso “Oficina de Xestión de Proxectos (PMO)” que se levará a cabo os días 9 e 10 de marzo no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

Terá unha duración de 12 horas e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG . Ao remate do curso os asistentes recibirán un diploma acreditativo de asistencia.

O curso será impartido polo experto e acreditado formador José Luis Iparraguirre, primeiro español en obter a certificación High Maturity Lead Appraiser polo Software Engineering Institute e certificado para avaliacións dos niveis 4 e 5 de CMMI. No seu extenso CV destacan numerosas cualificacións relacionadas coa mellora de procesos, ademáis de estar oficialmente certificado polo SEI como instrutor CMMI e de ser responsable das actividades para o desenvolvemento de paquetes de formación é instrutor de cursos de Xestión de Proxectos, Técnicas de Estimación, Técnica de Puntos Función, Peer-Reviews etc.

Jose Luís Iparraguirre conta cunha gran experiencia impartindo cursos por todo o mundo sobre CMMI, Ampliación da Constelación de Servizos e Ampliación da Constelación de Adquisición.

Na súa traxectoria laboral destacamos que participou como responsable da implantación de proxectos para alcanzar os diferentes niveis CMMI en numerosas empresas a nivel nacional e internacional como poden ser Softgal, GFT Iberia, Netfocus, Caixa Galicia, Telefónica I+D ou Tecnocom. Ademais levou a cabo a realización de diagnósticos SCAMPI clase A en máis de 50 compañías.

O CPETIG ofrecerá un desconto de máis do 70% no prezo da matrícula para colexiados e precolexiados así como case un 30% de desconto para os estudantes, conseguindo con isto un prezo moi atractivo en comparación cos cursos da mesma materia que se poden atopar no mercado.

Obxectivos

A orientación do curso é eminentemente práctica, baseándose os escenarios propostos en casos reais de PMOs nos que o relator participou directamente, tanto na definición conceptual da súa estrutura de traballo, como na operación das mesmas.

Ao longo do curso discutiranse os factores de éxito dunha PMO e as distintas orientacións que o traballo destas pode ter, en función dos obxectivos definidos para as mesmas, que poderán ir: dende unha PMO orientada ao reporte, na que primará a captura e integración dos datos, ata unha PMO orientada á previsión do cumprimento dos obxectivos de negocio, na que se utilizarán técnicas avanzadas de modelización do comportamento da organización.

Destinatarios

O curso vai dirixido a profesionais das Tecnoloxías da Información que poidan verse no escenario de definir a operativa dunha PMO, traballar nunha PMO, ou simplemente traballar nun entorno no que o seu traballo é monitorizado por unha PMO.

Programa

  • Capítulo 1: Obxectivos dunha PMO.
  • Capítulo 2: A PMO no lanzamento de proxectos
  • Capítulo 3: A PMO no control de proxectos
  • Capítulo 4: A PMO como axente de comunicación
  • Capítulo 5: Recomendacións

Axenda

  • Día I – Venres 9 de marzo.
    • 09:00 a 14:00 horas
      • 12:00 a 12:15 café
    • 14:00 a 15:00 xantar (incluído no prezo)
    • 15:00 a 18:15
  • Día II – Sábado 10 de marzo.
    • De 10:00 a 14:15
      • 12:00 a 12:15 café

Lugar

Hostal dos Reis Católicos, Praza Obradoiro, 1 Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace

Matriculación e prazos

¡¡ ATENCIÓN CURSO COMPLETO !! Os interesados poden inscribirse sen realizar o pago, quedando en lista de espera para posibles cancelacións, no caso de quedar unha vacante serán notificados para realizar o pago e confirmación da súa praza.

  • Colexiados e precolexiados do CPETIG, ou aqueles que asinen o compromiso de colexiación / precolexiación: do 6/02/2012 ao 5/03/2012
  • Outras solicitudes: do 9/02/2012 ao 5/03/2012

O número de prazas dispoñibles é de 15, adxudicándose por orde de inscrición.

Para formalizar a solicitude* dunha praza é necesario remitir a seguinte documentación:

  • Formulario para inscribirse no curso e que deberá ser remitido por e-mail a oficinaproxectos@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO OFICINA DE XESTIÓN DE PROXECTOS ou por fax ao 981 937 831.
  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comezo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado “Coléxiate!!” da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula.

* Cada solicitude de praza recibida, recibirá información puntual sobre o estado da súa solicitude. Ás solicitudes recibidas que non se lle asigne praza, se lle devolverá o importe íntegro da matrícula

Prezos

O prezo da matrícula inclúe o xantar da xornada do venres no Hostal dos Reis Católicos

Tipo de matrículaPrezoObservacións
Matricula Ordinaria350€
Matrícula Colexiados90€Colexiados ou precolexiados do CPETIG e titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación*
Matrícula Estudantes250€Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO

* O compromiso de colexiación implica o pago da cota de colexiación (40€) e da cota do segundo trimestre (25€ para colexiados e 12,5€ para precolexiados) o que fai un total de 65€ para os colexiados e de 52,5€ para os precolexiados, cantidade que se engadirá aos 90€ do prezo do curso.

Renuncias de prazas asignadas.

Si renuncia ao curso ata 7 días naturais antes da súa realización, devolverase o 100% do importe da matrícula.
Si renuncia entre 3 e 6 días naturais antes do curso, devolverase o 50% do importe da matrícula.
Si renuncia faltando menos de 3 días naturais, non se devolverá o importe da matrícula.

A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo oficinaproxectos@cpetig.org