De cara a poder ampliar o número deste tipo de actos, faise preciso contar cun maior número de formadores especializados en Scratch. Para iso, o CPETIG organiza en colaboración coa Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC), un curso dirixido a colexiados do CPETIG e CPEIG, ao profesorado e alumnado da FIC e ao profesorado non universitario co fin de dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan actuar como formadores en eventos relacionados con Scratch.
Esta actividade encádrase dentro das actividades do convenio de colaboración asinado entre o CPETIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Obxectivos da xornada
Os obxectivos xerais da xornada formativa son:
- Aprender a desenvolver aplicacións coa ferramenta Scratch.
- Comprender a potencia do uso de Scratch como ferramenta didáctica.
- Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch.
- Desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en eventos.
- Coñecer as técnicas de organización e realización de eventos de programación.
Destinatarios
Os destinatarios desta actividade formativa son:
- Colexiados do CPETIG e CPEIG
- Profesorado e alumnado da FIC
- Profesorado non universitario
Na medida das súas posibilidades, os asistentes comprometeranse a asistir como formadores a un futuro evento formativo de Scratch dirixido a rapaces e pais, e que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña en datas próximas.
Os asistentes deberán levar ordenador portátil con capacidade de conexión WIFI (non son válidos tablets ou smartphones)
Axenda
Data: venres, 22 de abril de 2016
Hora: de 15.00 a 19.00
Lugar: Facultade de Informática da Coruña
Axenda:
- Introdución.
- Desenvolvemento de aplicación con Scratch: videoxogos, historias interactivas e Storytelling.
- Conexión de Scratch co mundo físico.
- Organización e realización de eventos de programación.
Formadores
Para esta sesión formativa, contaremos coa participación da asociación “Programamos”.
“Programamos” é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, desde educación infantil ata formación profesional.
Prezo
A inscrición neste curso é de balde.
Máis información
Para ampliar información pode contactar no enderezo eventos@cpetig.org ou no teléfono 630.778.003