O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia conxuntamente coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información (Consellería de Innovación e Industria) organizan os días 28 e 29 de novembro un curso de Peritaxes e Informática Forense que se desenvolverá nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago de Compostela. Este curso, gratuito para colexiados e precolexiados, constitúe a iniciación o mundo legal e xudicial da Peritaxe e Informática Forense. A participación neste curso é un requisito básico (xunto con estar colexiado) para formar parte do Corpo Oficial de Peritos Informáticos do CPETIG, as listas do cal se remitirán no 2009 ós xulgados.
O obxectivo da acción é coñecer os novos avances que na instrucción legal e no valor probatorio se deron nos últimos anos así como afondar no coñecemento das últimas novedades lexislativas no eido da informática. Este curso de inicio ten unha duración de 10h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG que se complementará en vindeiros meses con outros cursos entre os que se atoparán o Curso Avanzado de Peritaxes e Informática Forense (e que terá como requisito de acceso ter os coñecementos iniciais que se imparten neste curso).
Obxectivos
O artículo 335 da Lei de Enxuizamento Civil di que “cuando sean necesarios conocimientos científicos, artísticos, técnicos o prácticos para valorar hechos o circunstancias relevantes en el asunto o adquirir certeza sobre ellos, las partes podrán aportar al proceso el dictamen de peritos que posean los conocimientos correspondientes o solicitar, en los casos previstos en esta ley, que se emita dictamen por escrito designado por el tribunal”. A elaboración destes dictames foi un campo profesional tradicionalmente ligado a sectores como a arquitectura, a enxeñaría industrial ou mesmno a medicina. Sen embargo, o desenvolvemento da Informática nos últimos anos implica a aparición de reclamacións xudiciais e novos delictos nun sector cunha elevada carga técnica e cheo de particularidades legais. É necesario crear e formar expertos que poidan servir de axudas aos xuices á hora de tomar unha decisión nun caso. Estes expertos deben coñecer as últimas técnicas probatorias e o valor das mesmas, manter un elevado nivel de instrucción e coñecementos sobre os avances técnicos e legais que se produzan.
Destinatarios e Efectos Esperados
Os destinatarios desta actuación son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes destas titulacións nalgunha universidade do sistema universitario galego. Con esta acción preténdese conseguir unha serie de fitos relevantes:
- Formar aos actuais e futuros enxeñeiros e enxeñeiros técnicos en informática de Galicia nas últimas técnicas de análise forense e práctica pericial.
- Formar aos actuais e futuros enxeñeiros e enxeñeiros técnicos en informática de Galicia nos últimas avances de práctica procesal e valor probatorio das evidencias.
- Dar a coñecer a última normativa legal relacionada co campo da Informática.
- Proporcionar á sociedade e aos órganos xudiciais en particular de peritos coa máis elevada calidade.
- Aumentar a valoración e recoñecemento profesional dos profesionais enxeñeiros e enxeñeiros técnicos de Galicia na sociedade.
Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles
Preinscrición
Para matricularse neste curso deberá cumplimentar unha preinscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matricula, sempre que fora aceptado no curso.O prazo de preinscrición é do 1 de novembro ata o 15 de novembro. No caso de que non se cubran a totalidade das prazas ampliarase o prazo de preinscrición ata o fin das prazas ou ata o día anterior o inicio do curso. O número de prazas dispoñibles é de 60. Darase preferencia á hora de asistir ao mesmo aos colexiados e precolexiados do CPETIG ou aqueles que firmen un compromiso de colexiación ou precolexiación. Reservarase o 20% das prazas para alumnos de Enxeñarías Técnicas en Informática. En caso de non completarse estas cuotas se disporán das prazas para os demáis colectivos que puideran estar interesados en asistir ao curso. Formulario para preinscribirse no curso e que deberá ser remitido por correo ordinario á sede do Colexio ou ben por e-mail a info@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PERITAXES.
Formalización da Inscrición
O día 15 de novembro de 2008 faranse públicas as listas dos solicitantes admitidos e a partires dese momento se poderá proceder á formalización da matrícula mediante o abono do importe correspondente no plazo de 7 días naturais dende a publicación das listas. A lista de admitidos poderá consultarse na páxina web do CPETIG, http://www.cpetig.org. Asímesmo se enviará un email aos solicitantes que o indicaran no formulario de pre-inscripción. A admisión ao curso non será definitiva ata o momento en que se presenten ao CPETIG o resgardo do certificado bancario no que figure que se ingresou o transferido á conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091-1003-92-3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso, a cantidade de 180 euros ou 90 euros segundo corresponda (excepto colexiados e precolexiados). Transcurrido o prazo de formalización de matrícula sen que fora feito efectivo e/ou xustificado dito importe, quedará cancelada a reserva da praza que será adxudicada seguindo a orde de solicitantes que estiveran en lista de espera. No caso de que existan prazas vacantes, o prazo da matrícula permanecerá aberto hasta o día anterior ao inicio do mesmo. Se deberá completar o formulario de preinscripción, realizar o abono da matrícula e presenta-la documentación indicada a continuación, que poderá ser remitida por correo postal á sede do Colexio ou por e-mail a info@cpetig.org co asunto CURSO PERITAXES:
- Xustificante bancario do abono da matrícula.
- Fotocopia do carnet de identidade ou pasaporte
- No caso de ser beneficiario da matrícula reducida ou subvencionada, documento acreditativo de ser estudiante universitario (fotocopia da matrícula do presente ano ou carné de estudiante).
- Unha copia do impreso da solicitude de preinscripción.
- No caso de ser colexiado ou precolexiado do CPETIG esta condición verificarase de oficio
- No caso de asinar compromiso de colexiación ou precolexiación deberá enviar a documentación indicada no apartado da web de Coléxiate!!
En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula. Prezos
Matricula Ordinaria | 180€ | |
Matrícula Reducida | 90€ | Enxeñeiros ou Enxeñeiros Técnicos en Informática membros de entidades coas que o CPETIG teña convenio de colaboración |
Matricula Subvencionada | 25€ | estudantes de Enxeñaría Técnica en Informática da ETSE de Santiago, da ESEI de Ourense ou da FIC de A Coruña |
Matrícula gratuita | 0€ | Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estuadantes que asinen compromiso de colexiación |
Aloxamento
Aqueles colexiados ou precolexiados que desexen aloxarse durante a noita do Venres o Sábado en Santiago de Compostela poderán beneficiarse dos descontos (que nalgún hotel chegan ó 50% de desconto con tarifas dende 35€/noite) que proporciona a tarxeta pQliar ós membros do CPETIG mediante o convenio asinado fai uns meses.
Programa e Descrición da acción formativa
A actividade estructurase en duas xornadas: unha parte de coñecementos legais e xurídicos, de práctica procesal, de xeito xeneral e outra parte de coñecementos de pericia forense enfocados ao ámbito tecnolóxico-legal e informático-legal en particular. O desenvolvemento temporal da mesma será do seguinte xeito: DIA 1: NORMATIVA PROCESAL PERICIAL (día 28 en horario de 16h a 20:30h) PONENTE: Dna. Cristina Nebot López (Abogada-Socia Bufete Dereito Informático Pintos&Salgado. Experta en Seguridade Técnico-Legal de Internet) Introducción: a informática forense como medio de proba. Aspectos Legais e Xurídicos. Concepto de proba. Evolución da proba como consecuencia das novas tecnoloxías. Proba pericial; ámbito, obxecto e finalidade do dictamen pericial. Incorporación da proba pericial ao proceso. Proposición das partes e designación xudicial. Proposición, aceptación e nombramento. Peritos Condicións e clases. Tachas dos peritos: a recusación. Obligacións e dereitos dos peritos na súa intervención no proceso. Comparecencia dos peritos na vista. Códigos de práctica e de conducta. Responsabilidade derivada da intervención pericial; civil, penal, profesional. Informe Pericial Informes Xudiciais e Extraxudiciais. Estrutura e contido. Valoración xudicial dos dictames periciais.. DIA 2: NORMATIVA SUSTANTIVA DA PERICIAL TECNOLÓXICA (día 29 de 9h a 14:30h) PONENTE: D. Víctor Alberto Salgado Seguín (Abogado-Socio do Bufete de Dereito Informático Pintos&Salgado e EuroPrise Legal Expert da Comisión Europea) Introducción e ámbitos xenerais regulados polo Dereito Informático Protección de Datos de Carácter Personal Base Xurídica: a LOPD. Definicións, responsables e obrigas básicas. Medidas de Seguridade: Niveis básico, medio e alto. Comercio Electrónico Base Xurídica: a LSSI. Responsabilidade de Intermediarios e prestadores. Publicidade en Internet: o SPAM. Contratación electrónica. Firma Electrónica Base Xurídica: a LFE. Concepto e tipos de Firma. Propiedade Intelectual Base Xurídica: a LPI. Concepto e obxectos de protección. Dereitos morais e patrimoniais. Protección do Software. Delictos Tecnolóxicos Base Xurídica: Código Penal. Concepto e tipos. Delictos de defraudación electrónica, danos informáticos, violación da intimidade, “piratería”, etc. DIA 2: O PAPEL DAS ENXEÑARÍAS EN INFORMÁTICAS NA PERITAXE E NA SUPERVISIÓN DO CUMPRIMENTO DA LEXISLACIÓN INFORMÁTICA. COLOQUIO (Expertos da Comisión do Corpo Oficial do Turno de Actuación Profesional do CPETIG)