CPETIG e CPEIG reúnense con Feijóo para darlle a coñecer a situación profesional e educativa das enxeñarías en informática

O pasado martes, 11 de febreiro, representantes dos Colexios Profesionais de Enxeñarías en Informática de Galicia (CPETIG e CPEIG) mantiveron unha xuntanza en Santiago co líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. O obxectivo deste encontro foi trasladarlle as súas demandas en relación á situación de desregularización na que se atopan tanto os estudos como a profesión que representan os dous colexios. Os colexios trasladáronlle a Feijóo a necesidade de que exista unha regulación no sector profesional da informática para garantir a existencia de responsabilidade profesional e civil ante erros e malas praxes que na actualidade non existen, sempre “co obxecto de ofrecer un servizo e unha garantía á sociedade, ademais de protexer a cidadanía dos erros informáticos neglixentes”. Así mesmo quixeron coñecer de primeira mán as políticas TIC que o PP propón no seu programa electoral. Os contactos políticos coas distintas forzas políticas galegas continuarán nas próximas datas.