A Xunta de Goberno do CPETIG ven de aprobar o calendario electoral para a convocatoria de eleccións, que terán lugar o vindeiro 10 de febreiro.O prazo para a presentación de candidaturas comeza mañá día 27 de decembro e estará aberto ata o 11 de xaneiro.
A proclamación de candidaturas será o 16 de xaneiro, despois do proceso de análise por parte da Xunta electoral.
Nas eleccións do 10 de febreiro as persoas colexiadas elixirán todos os cargos da Xunta de Goberno do CPETIG: presidencia, vicepresidencia, secretaría, vicesecretaría, tesouraría, vicetesouraría e vogais.
Documentación: