O CPETIG colabora co IES de Teis nas XIX Xornadas de Orientación ao Emprego

O secretario do CPETIG, Juan Luis Miguéns, participou esta tarde no IES de Teis nunha mesa redonda sobre “Recursos dos colexios profesionais e asociacións”, no marco das XIX Xornadas de Orientación ao Emprego. A súa intervención estivo centrada nos servizos que ofrece o CPETIG, nas accións formativas e eventos profesionais que organiza e nas vantaxes de colexiarse para defender colectivamente a profesión.

Deste xeito, o CPETIG colabora na iniciativa que convoca anualmente o IES de Teis para facilitar información ao alumnado sobre futuras saídas laborais despois de rematar os ciclos ou a FP Básica  e contribuir a unha toma de decisións fundamentada.

Nesta edición, que remata mañá día 31, o alumnado ten a oportunidade de coñecer a experiencia de emprendedores novos que se formaron no IES de Teis e acceder a información útil sobre como enfrentarse con éxito a unha entrevista de traballo ou sobre os recursos de apoio para montar unha empresa propia. E, asemade, hai obradoiros prácticos e charlas con profesionais das diferentes ramas dos ciclos que se imparten no centro.