O CPETIG aproba o Orzamento para 2018 na Asemblea Xeral ordinaria

O CPETIG celebrou o pasado 30 de xuño a súa Asemblea Xeral ordinaria, presidida por  Marcos Mata, na que se presentou o informe de xestión e a memoria anual do pasado exercicio, así como a proposta de Orzamento para este ano en curso, elaborada pola Xunta de Goberno.

No trascurso da sesión, o secretario do Colexio, Juan Luis Miguéns, presentou a memoria do ano pasado e a tesoureira, Anxos Cabado, as contas de 2017, que foron aprobadas por unanimidade, así como a proposta de Orzamento para este ano, que ascende a 54.661€.

A Asemblea Xeral, como órgano supremo de expresión da vontade do Colexio, está formada por todas as persoas colexiadas e debe reunirse, con carácter ordinario, unha vez ao ano, segundo establecen os Estatutos do CPETIG.