Motivación das Asembleas
Asemblea Xeral Extraordinaria O 14 de decembro do ano pasado celebrouse a Asamblea Constituinte do CPETIG dos que emanaron os actuais estatutos do Colexio. Unha vez aprobados estes polo órgano colexial debían ser remitidos á Xunta de Galicia para que tras os preceptivos informes de conformidade e legalidade por parte da Consellería de Presidencia, Admon Pública e Xustiza e por parte da Consellería de Industria e Innovación fosen remitidos ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva e publicación no DOGA. Con este paso dotábase de plena legalidade ao Colexio e aos seus órganos colexiais. Durante este proceso de tramitación e informe, a Xunta de Galicia emitiu unha serie de directrices e modificacións que eran preciso incorporar aos Estatutos para continuar coa súa tramitación. O obxecto destas modificacións estatutarias marcadas pola Xunta de Galicia estaban destiñadas a elevar o grado de seguranza xurídica dos Estatutos, a adecuación destes a unha serie de nova lexislación que afectaba ao Colexio e orientada á incorporación de novos criterios sobre o papel dos Colexios na sociedade. Esto obriga á Xunta de Goberno, seguindo os actuais Estatutos, a convocar unha Asemblea Extraordinaria para ratificar de forma asamblearia as modificacións introducidas pola Xunta e necesarias para a aprobación definitiva polo Consello da Xunta dos Estatutos colexiais. Asamblea Xeral Ordinaria Por outro lado os actuais Estatutos recollen que a Asemblea debe de reunirse con caracter ordinario durante o primeiro semestre do ano para entroutros aprobar os Orzamentos Anuais (que recollen a cuota colexial anual). Con este motivo e co de presentar o Plan de Acción para este ano celébrase a Asemblea Ordinaria Anual do 2008 que terá lugar o mesmo día e no mesmo lugar que a Asemblea Xeral Extraordinaria. Nos próximos días farase chegar a todos os colexiados toda a documentación e información relativa a estas Asembleas, que se porá dispoñible además a través de esta web.
Calendario da Xornada
Asemblea Xeral Extraordinaria Hora: 10:00h (en primeira convocatoria). 10:30h (en segunda convocatoria) Orde do día: 1. Modificación dos estatutos do CPETIG 2. Votación sobre a modificación dos estatutos Asemblea Anual Ordinaria 2008 Hora: 11:00h (en primeira convocataria). 11:30h (en segunda convocatoria) Orde do día: 1. Aprobación da acta da última Asamblea 2. Presentación do Plan de Acción e Orzamentos do 2008 3. Votación do Plan de Acción e Orzamentos 2008 4. Rogos e Preguntas
Documentación Asembleas
Asemblea Xeral Extraordinaria A continuación poderás atopar os estatutos actuais (aprobados na Asemblea Constituinte do 14 de decembro do 2007) e os estatutos que se presentarán para a súa ratificación na Asemblea Xeral Extraordinaria do 2008. Estes últimos estatutos incorporan as modificacións derivadas dos informes emitidos pola Xunta de Galicia, así como outras modificacións introducidas para garantir a seguranza xurídica do Colexio e o rol que debe xogar o CPETIG ante a sociedade.
- Estatutos Vixentes aprobados na Asemblea Constituinte do 14 de decembro do 2007
- Estatutos Propostos coas modificacións derivadas dos informes emitidos pola Xunta e a ratificar na Asemblea Extraordinaria de 2008
Asemblea Xeral Ordinaria
Quen pode participar nas Asembleas? Quen é xa colexiado?
Co motivo da celebración da Asemblea Constituinte do Colexio do 14 de decembro do 2007, constituíse un censo de participantes. Para participar nese censo e nesa Asemblea Constituinte era necesario aportar unha fotocopia do DNI, unha fotocopia compulsada do título ou autorización para a comprobación de que se era titulado, e mais un formulario cuberto con datos do colexiado. Nese formulario figuraba unha casilla na que o solicitante se a marcaba indicaba o seu desexo de colexiarse inmediatamente. Xunto con esa casilla figuraba o número de conta bancaria sobre a que se faría os cargos das cotas de colexiación. Así poderíamos indicar que existen tres estados na incorporación como colexiado ó CPETIG:
- Censados e Colexiados: Son considerados colexiados aqueles inscritos no censo para a Asemblea Constituinte do 14 de decembro e que marcaron a casilla de colexiación inmediata e aportaron o número de conta bancaria (xunto co resto dos documentos). Estes colexiados, pendentes de que se lles asigne o número de colexiación, son os que poderán participar nas Asembleas Xerais sen necesidade de realizar ningún trámite a maiores.
- Censados e interesados no Colexio: Por outro lado, aqueles inscritos no censo da Asemblea Constituinte pero que NON marcaron a casilla de colexiación inmediata ou NON aportaron conta bancaria, son considerados interesados no Colexio e poderán facer efectiva a súa colexiación e polo tanto participar nas Asembleas Xerais aportando de novo o formulario cuberto de colexiación (pódese atopar na web www.cpetig.org na sección de coléxiate!!!) coa casilla de colexiación inmediata marcada e os datos da conta bancaria cubertos, xunto con fotocopia do DNI. Non é necesario aportar de novo fotocopia do título.
- Non censados: Aqueles que non se censaron para a Asemblea Constituinte poderán colexiarse e participar na Asemblea Xeral aportando toda a documentación necesaria: formulario de colexiación, unha fotocopia compulsada do título, e fotocopia do DNI. (para máis información consultar a sección de coléxiate!!! na web do cpetig www.cpetig.org). Estes trámites poden facerse o mesmo día e no mesmo lugar de celebración das Asembleas Xerais.
O día de celebración da asemblea deberá presentarse o DNI ou documento acreditativo equivalente para poder participar nas Asembleas.