Convenio de colaboración entre a USC e os colexios de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia

 

Na súa intervención, Miguel Abal destacou a importancia que supón para o noso colexio e para a Universidade a sinatura deste convenio, que impulsará a realización de accións formativas conxuntas e redundará na mellora dos profesionais.

No acto tocouse o tema da regulación da profesión. Barro cualificou de “paradigmático” que esta titulación non estea aínda regulada con atribucións profesionais “tendo en conta que en España hai xa 150.000 titulados nas tres décadas de vida destes estudos”.

En canto ás novas titulacións de grado, Miguel Abal expuxo que os titulados en enxeñaría técnica en informática seguirán tendo un título válido no estado español e que as diferentes universidades están habilitando procedementos para que os titulados que o desexen poidan obter o título de grado en enxeñaría informática.