A Mutua pon a disposición dos colexiados as seguintes entidades e servizos:
- SERPRECO: Corretaxe de seguros. A través de Serpreco, a Mutua asesorará aos colexiados e ás súas empresas no ámbito da previsión social e os seguros, tanto persoais, profesionais e patrimoniais, incluída a responsabilidade civil, así como o aforro, estudando individualmente as necesidades en cada caso, intermediando aquelas pólizas que lle sexan solicitadas.
- MUTUAVALORS: Servizos financeiros. A través de MutuaValors, a Mutua ofrecerá, asesorará e intermediará, servizos de investimento financeiro, en calidade de axentes de axencia de valores.
- MUTRAVEL: Axencia de viaxes. A través de Mutravel, a Mutua ofrecerá os servizos propios dunha axencia de viaxes.
O acceso a estes e outros servizos que se poidan incluír, realizarase a través do seguinte enlace: http://www.mutua-enginyers.com/es/cpetig Para calquera tipo de información, contratación … os colexiados deberanse poñer directamente en contacto coa Mutua a través de calquera das distintas opcións que aparecen na web antes mencionada.