Continúan as sesión sobre Control Parental impartidas polo CPETIG nas que se informa ás familias dos riscos dun mal uso da tecnoloxía

·         As actividades estanse a desenvolver nas aulas CeMIT dos Concellos de Cuntis, Guitiriz , Vimianzo e Leiro e unha sesión adicional no GaiásTech

·         Está liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2024.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa coas sesións sobre Control Parental nas que se informa sobre os riscos dun mal uso da tecnoloxía.

Asemade nos encontros tamén se achegan ás familias ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e achegamento ao uso das TIC por parte da rapazada.

As sesións estanse a desenvolver nas aulas CeMIT dos Concellos de Cuntis, Guitiriz, Vimianzo e Leiro, que se completa cunha sesión adicional no Gaiás Tech que terá lugar o vindeiro día 17 de outubro.

A vindeira sesión impartida polos profesionais do Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática terá lugar o vindeiro luns, 23 de setembro en Vimianzo.

Múltiples perspectivas

Dende o Cpetig se incide na necesidade de abordar este tema dende varias perspectivas como son a información, a responsabilidade e exemplo, a prevención e control e a creatividade.

Nas diferentes sesión, se explica aos participantes que é fundamental o establecemento de horarios no uso da tecnoloxía, así como marcar límites e tempos para a desconexión dixital. Tamén se incide na necesidade de establecer vías de comunicación entre as familias e a rapazada e,  sobre todo, se insiste na necesidade de estar presentes.

A exposición das ferramentas e aplicacións para un bo uso das TIC cun enfoque creativo e para o control parental, tamén se tratan nestas sesións que pretenden crear pontes entre xeracións.

As sesións de control parental continúan este mes de setembro e rematan o 17 de outubro coa sesión adicional no Gaiás Tech.