Constituido o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Andalucía

cpiia.gifNa asamblea presentouse o informe da comisión xestora e presentouse a nova Xunta de Goberno composta por D. Gregorio Ambrosio, Dña. Isabel María Luque, D. Vicente Arévalo, D. Pedro Palos, D. Diego Martín, D. Juan Marcelo Gaitán e D. Antonio Vergara. A nova Xunta de Goberno traballará conxuntamente coa Xunta de Goberno do CPIIA sumando esforzos e compartindo recursos. Os dous Colexios representan xa a totalidade dos titulados universitarios en enxeñarías en informática da comunidade andaluza e loitarán polo recoñecemento da nosa profesión a todos os niveis coa representatividade e peso que os enxeñeiros andaluces teñen no contexto nacional. Noraboa a Andalucía.