CONCITI presenta alegacións á modificación do Real Decreto 1393/2007

Ambos Consellos Xerais entenden que a introdución desta modificación pode supoñer un agravio comparativo máis entre as enxeñarías en informática e o resto de enxeñarías, que si contan cunha regulación profesional.

Por todo iso e de acordo a como se presenta o Proxecto de Real Decreto, os Consellos Xerais expuxeron a situación das titulacións universitarias en informática e solicitaron a publicación das fichas, que actualmente son recomendacións do Consello de Universidades, como Ordes Ministeriais no Boletín Oficial do Estado. Estas fichas xa explicitan que a duración dos graos é de 240 créditos e polo tanto resolverían a problemática obxecto da cuestión.

http://www.conciti.org/2014/10/13/conciti-y-ccii-presentan-alegaciones-a-la-modificacion-del-real-decreto-13932007/