CONCITI impugna ante o Tribunal Supremo o Real Decreto 581/2017 ao non incluir a Informática como profesión regulada

O Consello  Xeral  de  Colexios  Oficiais  de  Enxeñaría  Técnica  en Informática, CONCITI, que preside Marcos Mata, e do que forma parte o CPETIG, impugnou  o  Real  Decreto  581/2017,   de   9   de   xuño,   polo  que   se   incorpora   ao ordenamento   xurídico español   a   Directiva   Europea   relativa   ao recoñecemento  de  cualificacións  profesionais,  que entre outras cousas inclúe no seu Anexo VIII (que mantén  do  anterior  RD ao que modifica)  o  listado  de  profesións  reguladas  en España  e no  que  unha  vez  máis  sorprendentemente  se  exclúen  as enxeñarías en informática.

Esta exclusión prodúcese pese  a  ter acreditado  no  periodo  de  audiencia  e  durante  a tramitación da norma que había actividades nas que se esixía o título para poder exercer dita actividade.

Durante  a  tramitación  do  Real  Decreto  (2016-2017),  os  Consellos Xerais   de   Colexios   de   Enxeñaría   Técnica   e   Enxeñaría en Informática  mantiveron   distintas   xuntanzas   co Ministerio   de Industria, Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital e Ministerio de  Educación,  co fin  de  que  se  incluisen  as  profesións  no Anexo VIII, corrixindo a anómala situación dunha profesión na  que, de  facto,  xa  existen  actividades  para  as  que  son  requeridas  as titulacións en Informática.

Finalmente,  desde  a  Secretaría  de  Estado  para  a  Sociedade  da Información  e  Axenda  Dixital,  solicitouse formalmente  ao  Ministerio  de Educación  a  equiparación  da  Enxeñaría  e  Enxeñaría  Técnica  en Informática  ao  resto  de  profesións  reguladas,  solicitude  que  non  foi atendida  debido  á  urxencia  na  transposición  da  Directiva Europea, informando de que se traballaría na súa incorporación a través dunha Comisión Interministerial, que ata a data non foi creada.

Unha vez publicada a norma no BOE sen a inclusión da profesión en no  Anexo  VIII,  o 1  de  setembro  de  2017  CONCITI interpuxo recurso Contencioso-Administrativo ante o Tribunal Supremo pola  non  inclusión  da  profesión  no  Anexo  VIII,  que  se  agarda resolva o que CONCITI cre que é de xustiza recoñecer.

A  non  regulación  da  profesión  de  Enxeñeiro  Técnico  en  Informática suporá  manter  unha  situación  diferencial  respecto  ao  resto  de enxeñarías,  algo  que  afecta  tanto  ao  ámbito  profesional,  donde  se repetirán  situacións de  falta de  garantías e responsabilidades  nos servizos prestados desde empresas e administracións públicas, como ao ámbito   académico,   con   agravios   en   taxas   dos  másteres, recoñecemento  e  homologación  de  títulos  estranxeiros e  en  xeral  a diversa lexislación que da un trato diferente a unha profesión se é ou non regulada.

Tendo en  conta  o  cambio  de  goberno  e  pese  a  que  o contencioso sigue o seu curso para resolver o que o anterior goberno non atendeu,  CONCITI contactará  cos  novos  responsables dos  ministerios  implicados  co  obxecto  de  non prolongar  máis  este agravio que sofre o colectivo.