O Colexio patrocina un equipo da competición de GaliciaTIC

Só por participar, o equipo terá acceso ás conferencias dos días 26, e xantar incluído as dúas xornadas. Ademais dos premios que establece GaliciaTIC (drons para os gañadores da competición de programación de drones e tablets para os gañadores da competición de programación de aplicacións), o Colexio premiará con un ano de colexiación gratuíta ós membros do equipo no caso de resultar gañadores nalgunha categoría e cumprir os requisitos para a colexiación.

As solicitudes deberán enviarse a info@cpetig.org indicando: nome do equipo e nome e correo electrónico dos compoñentes. No caso de non ser colexiados, deberán indicar os estudos finalizados ou en curso.

Terán prioridade para ser patrocinados, por este orde, os equipos formados maioritariamente por: colexiados do CPETIG, titulados ou estudantes de Enxeñaría Técnica en Informática ou Grao en Enxeñería Informática, titulados ou estudantes dalgunha rama de formación profesional en informática, resto de candidatos. No caso de concorrencia de máis dun equipo coa mesma prioridade, se elixirá por sorteo.

Máis información: http://www.galiciatic.com/noticias/llegan-las-competiciones-de-ingenieria-a-galiciatic2017-