Ir ao contido

Coléxiate

Inicio > Coléxiate

Por que colexiarse?

  • Porque é un compromiso persoal para contribuír á regulación do exercicio, promoción e mellora das actividades profesionais.
  • Porque ofrece importantes beneficios. Entre outros:
    • Acceso a unha formación continua con descontos importantes, para dar resposta á crecente demanda da tecnoloxía da información: peritaxes, xestión de proxectos, metodoloxías de programación, calidade do software, seguridade informática, etc.
    • Seguro de responsabilidade civil con bonificación da cota do 50% e acceso a outros seguros en condicións vantaxosas.
    • Convenios con entidades financeiras, asesoría legal, etc.

Neste sitio web pódese atopar toda a información. Só hai que seguir as instrucións que se detallan para beneficiarse das vantaxes de pertencer ao CPETIG.

Coléxiate no CPETIG

Vantaxes colexiais

Ser colexiado ou colexiada do CPETIG dá acceso a un conxunto de vantaxes pensadas para o exercicio profesional e o día a día: descontos en formación e cursos especializados, ferramentas e servizos para a actividade profesional, acceso a oportunidades como as quendas de peritaxe para a Administración de Xustiza, e descontos en seguros, viaxes, alugue de vehículos, combustible e outros servizos cotiáns.

Estas vantaxes van actualizándose a medida que se pechan novos convenios. Pode consultar en todo momento o listado completo e actualizado no seguinte documento (acceso restrinxido a persoas colexiadas):

Plan Colégate

Trátase de invitar a colegas de profesión a ser do CPETIG, formando parte deste proxecto colectivo. É unha forma directa e sinxela de sumar actitudes para ser cada vez máis colexiados na defensa da profesión.

Este compromiso por facer crecer o CPETIG ten vantaxes tanto para as persoas colexiadas como para as novas afiliadas (non aplicable a precolexiacións):

  • Por cada colega recomendado, o colexiado ou colexiada terá un desconto do 25% da cota anual ata chegar ao 100%, se consigue catro novos afiliados ou máis.
  • Desconto do 50% da cota anual (durante 1 ano) para os novos colexiados ou colexiadas.

O Plan Colégate só é válido para novas altas, que non tiveran nunca esta condición ou a de precolexiado ou precolexiada. Asemade, require permanecer de alta e ao día no pago das cotas durante o período de desconto, que se comezará a aplicar na primeira cota emitida tras a colexiación.

Para colexiarse basta con preparar a documentación necesaria e solicitar a alta colexial. Para acceder a estas vantaxes, débese indicar o número do colexiado ou colexiada que fixo a recomendación.

Quen pode colexiarse?

Pódense colexiar no CPETIG as persoas tituladas en:

  • Enxeñaría técnica en informática.
  • Diplomatura en informática.
  • Grao en enxeñaría informática (o Consello Xeral de Colexios publica periodicamente o listado de graos colexiables).
  • Título estranxeiro equivalente, debidamente homologado.

Estudantes: precolexiación

Se aínda está cursando os estudos, pode precolexiarse. A precolexiación non ten taxa de alta nin cota.

Colexiación única

Calquera membro dun colexio profesional dunha demarcación territorial pode exercer como profesional en todo o territorio do Estado (Lei 2/1974). Se exerce nunha comunidade autónoma na que non exista Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, pode colexiarse en calquera dos colexios constituídos no Estado.

Documentación necesaria

Colexiación

  • Fotocopia do DNI.
  • Código de autorización para a consulta de títulos (ver abaixo) ou, no seu defecto, fotocopia do título (ou do resgardo, se aínda non o ten). O título será validado polo Colexio.
  • Titulación estranxeira: certificado de homologación.
  • Se procede doutro Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática: a correspondente certificación acreditativa.
  • Se non usa o formulario web: formulario de alta colexial cuberto e asinado.

Precolexiación

  • Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  • Fotocopia compulsada do expediente académico.
  • Fotocopia compulsada do xustificante da matrícula.
  • Se non usa o formulario web: formulario de precolexiación cuberto.

Código de autorización para a consulta de títulos

Pódese xerar na Sede Electrónica do Ministerio de Educación. Se precisa axuda, consulte a Guía para a obtención do código de autorización.

Se o seu título non aparece na sede electrónica do Ministerio, pode achegar o certificado da universidade ou o certificado de convalidación do Ministerio asinados dixitalmente.

Cotas

ConceptoImporte
Taxa de alta (colexiación e precolexiación)Sen taxa
Cota colexial semestral50 €
Cota colexial anual (pago único)90 €
PrecolexiaciónSen cota
Reincorporación (persoas que xa estiveron colexiadas)15 €

Descontos e exencións

  • Persoas recén tituladas: desconto do 50% da cota anual durante o primeiro ano de titulación.
  • Persoas colexiadas en situación de desemprego: exentas de cota. Deben enviar a documentación xustificativa a tesoureria@cpetig.gal na primeira semana de cada semestre.
  • Plan Colégate: desconto do 50% da cota anual durante un ano para as novas altas recomendadas por unha persoa colexiada (ver condicións).

Cobro

As cotas semestrais cóbranse nos meses de xaneiro e xullo. As novas incorporacións pagan a parte proporcional desde a data de alta.

Alta colexial

Coa documentación preparada, pode solicitar a alta de calquera destas formas:

  • En liña, cos formularios da Xanela única.
  • Por correo electrónico a secretaria@cpetig.gal, se a documentación está asinada dixitalmente.
  • Por correo postal á sede do Colexio: Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Praza Camiño Díaz Baliño 17, Baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).
Plan Colégate do CPETIG
  • Síguenos en