Por que colexiarse?

  • Porque é un compromiso persoal para contribuír á regulación do exercicio, promoción e mellora das actividades profesionais.
  • Porque ofrece importantes beneficios. Entre outros:
    • Acceso a unha formación continua con descontos importantes, para dar resposta á crecente demanda da tecnoloxía da información: peritaxes, xestión de proxectos, metodoloxías de programación, calidade do software, seguridade informática, etc.
    • Seguro de responsabilidade civil con bonificación da cota do 50% e acceso a outros seguros en condicións vantaxosas.
    • Convenios con entidades financeiras, asesoría legal, etc.

Neste sitio web pódese atopar toda a información. Só hai que seguir as instrucións que se detallan para beneficiarse das vantaxes de pertencer ao CPETIG.

Vantaxes colexiais

Formación

  • Convenio coa USC
  • Convenio con UVigo
  • Convenio UDC
  • Convenio Universidade Europea de Madrid
  • Convenio Galicia Business School: 10% desconto en masters e programas formativos
  • Convenio con IMF Business School, entidade colaboradora coa Universidade Camilo José Cela, con descuentos en Másters Online
  • Convenio con Excellence INNOVA (Campus internacional en Ciberseguridade), con descuento del 10% no Master Online de Ciberseguridade de Telefónica e ElevenPaths

Ocio e viaxes

  • Paradores
  • Halcón Viajes
  • Axencia de viaxes Infinita Eventos:
  • Eurostars
  • Hotelopia
  • Tambre Pitch&Putt:

Entidades Financeiras

  • Banco Sabadell

Sanidade e seguros

  • La Mutua de los Ingenieros
  • Sanitas
  • Clínica Baviera
  • Adeslas

Outros servizos

  • Pintos&Salgado
  • Código Cero

Plan Colégate

Trátase de invitar a colegas de profesión a ser do CPETIG, formando parte deste proxecto colectivo.

É unha forma directa e sinxela de sumar actitudes para ser cada vez máis colexiados na defensa da profesión.

Este compromiso por facer crecer o CPETIG ten vantaxes tanto para as persoas colexiadas como para as novas afiliadas (non aplicable a precolexiacións).

  • Por cada colega recomendado, o colexiado ou colexiada terá un desconto do 25% da cota anual ata chegar ao 100%, se consigue catro novos afiliados ou máis.
  • Desconto do 50% da cota anual para os novos colexiados ou colexiadas

O Plan Colégate só é valido para novas altas, que non tiveran nunca esta condición ou a de pre-colexiado ou pre-colexiada. Asemade, require permanecer de alta e ao día no pago das cotas durante o período de desconto, que se comezará a aplicar na primeira cota emitida tras a colexiación.

Para colexiarse basta con enviar a documentación que se indica na sección correspondente desta web e solicitar a alta colexial cos formularios mediante un correo electrónico. Para acceder a estas vantaxes, débese indicar o número do colexiado ou colexiada que fixo a recomendación.

Información e cotas

Pódense colexiar no CPETIG as persoas tituladas nunha enxeñaría técnica informática, diplomatura informática, grao en enxeñaría informática*, así como aquelas que teñan un título estranxeiro equivalente, debidamente homologado.

(*) O Consello Xeral de Colexios publica periódicamente o listado de graos colexiables en http://www.conciti.org/grados-en-ingenieria-informatica

Documentación necesaria para colexiarse:

  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do título (ou do resgardo se aínda non o ten). Se é unha titulación estranxeira, debe presentar o certificado de homologación. O título será validado polo Colexio.
  • Formulario de alta colexial correctamente cuberto e asinado.
  • No caso de que proceda doutro Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa.

A documentación pódese remitir por correo electrónico, secretaria@cpetig.org, se está asinada dixitalmente. Tamén se pode remitir á sede do Colexio:

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Edificio ETS de Enxeñaría
R/Lope Gómez de Marzoa s/n – Campus Sur-
15706 Santiago de Compostela
A Coruña

Colexiación única

  • Calquera membro dun colexio profesional dunha demarcación territorial pode exercer como profesional en todo o territorio do Estado (Lei 2/1974). Se exerce nunha comunidade autónoma na que non exista Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, pode colexiarse en calquera dos colexios constituídos no Estado.

Precolexiación

  • Se cursa estudos dun título colexiable, pódese dar de alta como pre-colexiado. Debe  remitir a seguinte documentación, por correo electrónico a secretaria@cpetig.org, se está asinada dixitalmente, ou á sede do Colexio:

Cota colexial

  • A taxa de alta para colexiarse é de 40 euros (pago único). A precolexiación non implica taxa de alta.
  • A cota semestral é de 50 euros para a colexiación, 90 euros no caso do pago anual. A pre-colexiación non ten cota.
  • As persoas recén titulados que desexen colexiarse, terán un desconto do 50% da cota anual durante o seu primeiro ano de titulación.
  • As persoas colexiadas en situación de desemprego quedan exentos de abonar a cota. Para poder acollerse a esta medida, deben enviar documentación xustificativa da súa situación de desemprego a tesoureria@cpetig.org na primeira semana de cada semestre.
  • Os cargos das cotas semestrais serán nos meses de xaneiro e xullo.
  • As novas incorporacións ao Colexio, pagarán o trimestre completo no que se produza a alta. A cota de reincorporación para persoas que xa foron colexiadas con anterioridade é de 15 euros.

Alta colexial

Hai que cubrir o formulario de solicitude, que se pode descargar en formato PDF, e entregalo por mail a secretaria@cpetig.org ou na sede do Colexio.

descargar formulario de colexiación

descargar formulario de pre-colexiación