Celebradas as Asembleas Xerais Extraordinaria e Ordinaria do 2008 do Colexio

 Ás 10:30 da mañá escomenzou a Asemblea Xeral Extraordinaria na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos definitivos do Colexio, paso previo necesario para a súa remisión á Xunta e a súa aprobación final.

Nestes estatutos incorpóranse diversas modificacións necesarias para a aprobación pola Xunta dos Estatutos Colexiais. Entre algunha das novedades que aportan os novos Estatutos, e que lle confiren un maior grado de madurez e seguranza ó funcionamento do Colexio, recóllense entre outros a figura democrática dos Defensores (o Defensor do Usuario e o Defensor do Colexiado) e a nova relación (marcada pola nova Lei de Sociedades Profesionais) das Sociedades cos Colexios Profesionais. Perto das 11:00 da mañá escomenzou a Asemblea Xeral Ordinaria do 2008. No acto a Presidenta e o Vicepresidente presentaron o Plano de Acción do Colexio para o ano 2008, así como as accións desenvolvidas ata o momento. svzos-cpetig.jpgsvzos-cpetig_2.jpg Neste Plan de Acción presentouse entre outros puntos o artellamento organizativo do Colexio en Áreas e Comisións de Traballo, quedando o Colexio conformado polas seguintes Áreas:

  • Área de Planificación, Estratexia e Relacións Institucionais (Servizos ó Goberno)
  • Área de Infraestruturas, Recursos e Servizos (Servizos ó Colexio e ós Colexiados)
  • Área do Exercicio, Defensa e Imaxe da Profesión (Servizos ó Exercicio da Profesión)
  • Área de Formación, Promoción e Ensinanza (Servizos á Mellora Profesional)
  • Área da Sociedade da Información e do Coñecemento (Servizos á Sociedade e á Industria)

Cada unha de estas áreas engloba a súa vez a diversas Comisións e Grupos de Traballo. A continuación a Tesoureira presentou as Contas do 2007 e os Orzamentos para o 2008. Tanto o Plano de Acción como as Contas 2007 e Orzamentos 2008 foron tamén aprobados por unanimidade pola Asemblea Xeral. A cuota colexial quedou establecida na marcada na proposta orixinal e que podes consultar na sección de Coléxiate!!! Finalmente presentouse unha iniciativa para o nomeamento como Colexiados de Honra, polos servizos prestados ó Colexio para a súa creación e constitución, ó Presidente da ALIGA (AEIG) firmante da Solicitude de Creación do Colexio (Gabriel Ferreiro Pena); o Presidente vixente da AEIG quen traballou para levar a bó porto a Lei de Creación do Colexio (Jesús Rodríguez Castro) e ó Presidente da Comisión Xestora do CPETIG (Juan Otero Pombo). Esta iniciativa foi así mesmo aprobada por unanimidade. A información relativa a estas Asembleas remitirase no prazo máis curto posible ós colexiados ou ben publicarase na sede electrónica do CPETIG (cpetig.org).