- É unha mágoa que para este artículo só se recabase a opinión do mundo universitario e empresarial, e non se recollese a opinión dos profesionais/traballadores do sector, sobre os que se centra a nova. Ao noso entender esto provoca que a visión do problema sexa parcial e incompleta.
- Coidamos que a solución á escasez de profesionais do sector TIC non debe de afrontarse rebaixando a calidade dos seus profesionais, como parece que se desprende de varias opinións recollidas na nova. Abrir a billa de titulados; incorporar ás empresas titulados non TIC en postos de traballo esixentes de capacitación técnica; clamar por evitar a competencia entre empresas para atraer os mellores traballadores; etc. fánnos constatar a existencia dunha visión moi limitada do problema e na que despréciase a calidade, e impónse a filosofía de que “calqueira vale mentras saia barato”.
- É preciso que o sector das TIC en Galicia no seu conxunto faga unha reflexión de por qué non se consigue atraer capital humano e cualificado a este sector. Na nosa opinión esto ven dado, entre outros motivos, polo deterioro na imaxe da profesión debida ás baixas remuneracións (titulados universitarios cobrando menos de 700€); pola mala praxe na planificación económica dos proxectos (feita a míudo por un comercial de costas aos técnicos); pola mala praxe na xestión non profesionalizada de moitos proxectos que fan que as xornadas laborales se dilaten e os proxectos rematen en pérdidas; pola escaso interés por parte das empresas en proporcionar entornos e condicións favorables e atraíntes de traballo; polo subemprego dos titulados en postos por debaixo da súa capacitación, etc.
Todo isto fai que se produza unha masiva fuga de titulados cara a empresas noutras rexións e países que ofrecen condicións máis atractivas. Por tanto non se trata de suplir este déficit con profesionais menos cualificados se non de conseguir reter aos cualificados e de procurar que retornen os emigrados. Debemos atraer talento non expulsalo.
A solución a esta problemática, ao noso entender, debe incidir entre outros nos seguintes puntos:·
- Fincapé na Formación temprana. Dende a ESO debe promoverse entre os alumnos como saída profesional as carreiras tecnolóxicas e para elo debe facerse fincapé na formación en ciencias e matemáticas. Pero evidentemente estas só terán demanda se o futuro laboral que lles espera á sáida é un futuro laboral “atractivo”.·
- Achegamento Universidade-Empresa: É necesario estreitar a fenda entre a realidade dos Plans de Estudios e a realidade laboral, así como débese incidir no achegamento entre os proxectos de I+D da universidade e a aplicación desta (I+D+i) ao mundo real pola empresa. As empresas deben de ter nas Universidades un recurso máis co que contar nos seus proxectos. Esperamos que coa chegada do EEES estas fendas se estreiten.
- Involucración por parte dos Axentes Sociais e Económicos. As Fundacións, Fondos de Capital Risco, Caixas, deben involucrarse no apoio ás iniciativas de formación especializada en TIC, no apoio as Becas de Estudios noutros países e á financiación de proxectos innovadores.
- Recollecemento aos titulados universitarios en informática: existen laios sobre a escasez de profesionais titulados nas TIC, pero non se coida os que xa existen. Trátaselles como recursos desbotables. A preocupación somentes aparece cando a súa marcha, en busca de mellores condicións, supón un desembolso maior. O talento, os coñecementos e a capacidade técnica non se valoran económicamente. Estos titulados están desaproveitados facendo labores por debaixo da súa capacitación, en condicións laborais moi pouco atractivas, e cun grande índice de intrusismo profesional que non fai rentable pasar pola Universiade. É hora de pensar en “mimar” a estos profesionais e contribuir a xerar unha imaxe da profesión que atraia ás novas xeracións a estas titulacións. É necesario profesionalizar o sector.·
- Incorporación de FPs: incorporación dos ciclos superiores de FP ás empresas tecnolóxicas, liberando aos enxeñeiros en informática das labores que esixen unha menor capacitación e destiñándoos a labores máis acordes coa súa formación.·
- Fincapé na atracción e retención de talento: esta debe ser unha estratexia base para o desenvolvemento da nosa comunidade e para elo deben de crearse as condicións favorables e os entornos de traballo atractivos, innovadores e motivadores que eviten a fuga de talento autóctono e fagan do noso mercado un importador de traballadores foráneos e non un exportador.Por tanto: Formación, Calidade, Entorno atractivo e mellora da imaxe da profesión
De eiquí ao 2013 Galicia recibirá unha inxección económica da Unión Europea moi forte no ámbito da I+D+i e das TIC. O Estado e o Goberno Galego están facendo fortes inversións no mesmo senso. É necesario aproveitar esta derradeira oportunidade para posicionarnos na cabeza das rexións máis prósperas. Temos un sector TIC moi prometedor, dinámico e en crecemento. Pero non se debe de esquecer neste crecemento a calidade. E por isto é preciso que se empece tamén a valorar e recoñecer na súa xusta medida o papel vital que xogan as enxeñarías en informática no futuro da nosa economía. O noso Colexio traballará neste senso para mellorar a imaxe dos nosos profesionais, para achegar ás novas xeracións ás TIC e para apoiar o desenvolvemento da Economía Dixital e a Sociedade da Información.
Atentamente.Leticia Diz, Presidenta do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (cpetig)