O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web “www.cpetig.gal” en adiante web, que o Colexio de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, (en adiante, o Colexio), con domicilio en Edificio ETS de Enxeñaría. r/ Lope Gómez de Marzoa s/n 15782 Santiago de Compostela, A Coruña e con dirección de correo electrónico info@cpetig.gal, CIF número Q1500326B.

O acceso ao sitio web atribúe a condición de Usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do Usuario, de todas e cada unha das condicións engadidas neste Aviso legal.

Tódolos dereitos de propiedade intelectual do dominio web, así como dos contidos pertencen, ben ao Colexio, ben a terceiras persoas, polo que ningún Usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Quedando, pois prohibida a modificación, descompilación ou a utilización comercial de calquera parte da mesma. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo o Usuario, o único responsable do mal uso dos mesmos.

Para acceder á información contida na web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso de seus pais, titores ou representantes legais.

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na web, son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre os Usuarios e o Colexio. En caso de discrepancia entre a información contida no sitio web e a contida no papel, prevalecerá esta última.

O Colexio resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web sen previo aviso. As ligazóns e hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control do Colexio, polo que non se fai responsábel nin da información contida nos mesmos nin de calquer efectos que puideran derivarse de dita información.

Infórmase que os datos engadidos neste formulario serán tratados segundo os termos da nosa POLÍTICA DE PRIVACIDADE.

O  Usuario ten terminantemente prohibido introducir calquera  tipo de virus no dominio web, así como tentar acceder aos datos do mesmo, modificalos, acceder ás contas de correo, mensaxes, etc.

O Colexio non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións, cualquera que sexa a orixe, que circulen pola súa rede ou polas redes ás que o Usuario poida acceder a través da web. O Usuario acepta expresamente deixar exento ao Colexio de cualquera responsabilidade relacionada coa web.

O Usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puideran derivarse do acceso a ditos contidos así como da súa reproducción ou difusión. O Colexio non será responsable das infraccións de cualquera Usuario que afecten aos dereitos de outro Usuario da web, ou de terceiros, engadindo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e cualquer outro dereito de propiedade intelectual ou industrial. O Colexio fará uso das accións civís ou penais que por lei corresponda, ante cualquera utilización indebida do seu dominio web. Os litixios que puideran xurdir en relación a este dominio rexiranse unicamente polo dereito español, someténdose aos Xulgados e Tribunais competentes na provincia de A Coruña.