As persoas graduadas en Enxeñaría Informática xa poden colexiarse no CPETIG, ao abeiro dos novos estatutos publicados no DOG

 

Os estatutos do CPETIG tamén permiten darse de alta como precolexiadas ás personas que estean cursando estudos de Informática, con dereito á utilización dos servizos básicos e optativos do colexio, así como ás actividades que organice. A precolexiación é gratuíta. O CPETIG mantén activo o Plan Colégate 2014-2015, creado para incrementar a colexiación e intensificar así a defensa dos intereses profesionais con substanciais vantaxes, como un desconto do 25% da cota anual para os colexiados por cada colega que recomenden e un desconto do 50% da cota anual para a persoa recomendada. Enlace aos estatutos http://www.cpetig.org/documentos/estatutos_cpetig.pdf