· Comezará o vindeiro venres,11 de setembro, en Guitiriz e desenvolverase ata o 10 de outubro nas aulas da Rede CeMIT
· Cunha xornada de peche o día 10 de outubro no Salón de Convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura á que xa te podes apuntar a través de https://xi-scratchday-cpetig.eventbrite.es
· Participa o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Santiago de Compostela, 07 de setembro 2026.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan un ano máis o Programa Scratch Day que este ano acada a súa XI edición, e que arrinca o vindeiro venres, día 11 de setembro na aula CeMIT do Concello de Guitiriz.
A iniciativa, que cumpre once anos contribuíndo a derrubar mitos sobre a programación informática, busca espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM dende idades temperás.
O programa, dirixido a rapazada de entre 7 e 15, desenvolverase entre os meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de 4 concellos galegos: Guitiriz, Tui, Fisterra e Celanova
A xornada final do programa terá lugar o 10 de outubro e celebrarase no Salón de Convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
| Aula CeMIT de Guitiriz | 11/09/2026 | cemit.guitiriz@xunta.gal
|
| Aula CeMIT de Tui | 12/09/2026 | cemit.tui@xunta.gal
|
| Aula CeMIT de Fisterra | 26/09/2026 | cemit.fisterra@xunta.gal
|
| Aula CeMIT de Celanova | ../../2026 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51573 |
| Salón Convencións CINC Cidade da Cultura | 10/10/2026 | http://scratchday.cpetig.gal/ https://xi-scratchday-cpetig.eventbrite.es
|
