· Comezará o vindeiro 20 de setembro e desenvolverase ata o 4 de outubro nas aulas da Rede CeMIT coa novidade da incorporación do uso da IA con Scratch
· Cunha xornada adicional o día 18 de outubro na Sala Eisenman da Cidade da Cultura á que xa te podes apuntar en https://scratchday2025-cpetig.eventbrite.es
· Participa o Colexio Profesional de Inxeñaría Técnica en Informática de Galicia dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Santiago de Compostela, 13 de setembro 2025.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan un ano máis o Programa Scratch Day que este ano acada a súa X edición.
A iniciativa, que cumpre una década contribuíndo a derrubar mitos sobre a programación informática, busca espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM dende idades temperás.
O programa, dirixido a rapazada de entre 7 e 15, desenvolverase entre os meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de 4 concellos galegos: Tui, Guitiriz, A Coruña e Cuntis
A xornada final do programa terá lugar o 18 de outubro celebrarase na Sala Einsenman da Cidade da Cultura, durante a cal tamén se celebrará, en paralelo, unha actividade formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensinanza. O obxectivo desta formación é mostrarlles aos profesionais do ensino as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que se incentivan a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas, entre outros valores.
Asemade, púxose tamén punto final en Guitiriz aos obradoiros Girl Steam que durante os meses de verán e esta primeira semana de setembro se desenvolveron en 14 Concello de Galicia e nos que participaron preto de 300 rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos. E se simultanean as actividades cos Seminarios de Control Parental.
Novidade: uso da IA con Scratch
Este ano como novidade, vaise incluir nos obradoiros o uso da IA con Scratch. Os rapaces e rapazas que participen no programa desenvolverán a súa actividade en dúas fases, na primeira, introduciranse nos videoxogos con Scratch, aprendendo a mover, lanzar e interacionar con obxectos e crearán un videoxogo básico. A continuación, realizarase unha introdución ao uso de MicroBit con Scratch e levarase a cabo a montaxe dun semáforo, alumeado automatizado e adestrarase un modelo propio de machine learning empregando Scratch para coñecer as orixes da IA que se empregan na actualidade.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. Os rapaces e rapazas que queiran participar deben ir acompañados ás xornadas dun adulto. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
| Aula CeMIT de Tui | 20/09/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51618 |
| Aula CeMIT de Guitiriz | 27/09/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51758 |
| Aula CeMIT de A Coruña – Centro Cívico de Eirís | 04/10/2025 | |
| Aula CeMIT de Cuntis | 04/10/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51573 |
| Sala Eisenman – Cidade da Cultura | 18/10/2025 | https://scratchday2025-cpetig.eventbrite.es
|
