· Comezará o vindeiro 21 de setembro e desenvolverase ata o 4 de outubro nas aulas da Rede CeMIT
· Abertas as inscripcións para a xornada da Cidade da Cultura no enlace https://scratchday2024-cpetig.eventbrite.es/
· Participa o Colexio Profesional de Inxeñaría Técnica en Informática de Galicia dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Santiago de Compostela, 13 de setembro 2024.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organizan un ano máis o Programa Scratch Day que este ano acada a súa IX edición.
A iniciativa busca derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM dende idade temperás.
Rapazada entre 7 e 15 anos e docentes
O programa está dirixido á rapazada de entre 7 e 15 anos e desenvolverase entre os meses de setembro e outubro con catro xornadas formativas nas aulas CeMIT de Guitiriz, Tomiño, Celanova e Fisterra.
O ciclo rematará o 19 de outubro cunha xornada final no Edificio CINC da Cidade da Cultura, na que tamén terá lugar unha acción formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensino.
O obxectivo deste encontro é mostrarlles aos docentes as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que poden incentivar a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas.
Contidos do programa e inscricións e calendario de actividades
Nesta edición os participantes nas xornadas terán que realizar tres videoxogos relacionados con deportes presentes nos Xogos Olímpicos. Nunha primeira fase, realizarase unha introdución aos videoxogos con Scratch e a continuación os asistentes poderán elaborar videoxogos relacionados con deportes olímpicos cos que a posteriori participar nunha competición.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT ou no enlace https://scratchday2024-cpetig.eventbrite.es/. Os rapaces e rapazas que queiran participar deben ir acompañados ás xornadas dun adulto. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
- 21 de setembro – Guitiriz: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47456
- 21 de setembro – Tomiño: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47122
- 28 de setembro – Celanova: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46998
- 5 de outubro – Fisterra: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46995
- 19 de outubro – Edificio CINC Cidade da Cultura: Inscrición