Por outra banda tamén se solicitou a aclaración da normativa de permanencia no máster, xa que ao ser una titulación conxunta de 3 universidades, a normativa non estaba clara. Neste senso a comisión académica do máster decidiu que as normas de permanencia rexeranse pola normativa que establece a USC ao respecto.
O CPETIG tamén presentou alegacións ao anteproxecto de memoria do Máster Interuniversitario en Big Data: Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos da USC, aínda que neste caso as alegacións non foron tidas en conta.