Apertura da inscrición no taller de preparación do exame de certificación PMP

Tralo éxito dos cursos de Xestión de Proxectos organizados polo CPETIG, comprácenos anunciar a apertura do prazo de inscrición para o taller de preparación do exame PMP. Para este taller contaremos con Carlos G. Jardón, formador no anterior Curso de Xestión de Proxectos – Preparación do exame PMP desenvolvido en maio de 2010.

Obxectivos

  • Completar a preparación para o exame de certificación PMP a profesionais con formación en xestión de proxectos e coñecementos previos respecto á certificación.

Programa

  • Rápido repaso dos aspectos clave do PMBok®, basado no contido do curso anterior.
  • Exercicios prácticos das principais ferramentas
  • Resolución comentada de exercicios de exame PMP.
  • Simulación completa de exame de 4 horas.

Destinatarios

Os destinatarios destes cursos serán os profesionais do sector TIC ou estudantes de Informática que desexen preparar o exame de certificación Project Management Professional. Para o aproveitamento do curso será necesario ter lido previamente a guía do PMBok®.

Formador

  • Carlos G. Jardón é coordinador de proxectos de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA. Ademáis é colexiado do CPETIG.

NOTA: os asistentes deberán levar un portátil co fin de poder realizar as prácticas.

Axenda

  • Venres 5 de febreiro. De tarde*
  • Sábado 6 de febreiro. De mañá*

* Por razóns organizativas a concreción do horario está pendente e comunicarase o antes posible

Lugar

Gran Hotel Santiago, Avenida do Mestre Mateo, 27. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles

Inscrición

Prazo de inscrición:

  • Colexiados do CPETIG: do 22/12/2010 ao 24/01/2011
  • Outras solicitudes: do 01/01/2011 ao 24/01/2011

número de prazas dispoñibles é de 20, adxudicándose por orde de inscrición. Para formalizar a solicitude dunha praza é necesario remitir a seguinte documentación:

  • Formulario de inscrición.
  • Deberase enviar por e-mail a cursoproxectos@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO XESTIÓN DE PROXECTOS ou por fax ao número 981 937 831.
  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado “Coléxiate!!” da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

Comunicación de prazas

As prazas serán comunicadas unha vez comprobados os datos da inscrición. Alcanzado o aforo máximo ou rematado o prazo, se fará pública a lista de admitidos ao curso.

Prezos

Tipo de matrículaPrezoObservacións
Matricula ordinaria180€
Matrícula reducida90€
  • Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO.
  • Asistentes aos cursos de Xestión de Proxectos do CPETIG 2009.
Matrícula colexiados30€
  • Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación(*)

(*) O compromiso de colexiación implica o pago da cuota de colexiación do primeiro semestre: 50€ colexiados e 25€ pre-colexiados.

Notas

  • O pago da matrícula deberá realizarse na conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091 / 1003 / 92 / 3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso.
  • No caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da inscrición. Esta devolución se fará tamén de maneira individual, a aqueles que se quedasen sen praza.
  • En ningún caso se devolverá o importe da inscrición pola non asistencia ao curso.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoproxectos@cpetig.org.