A Amtega, as universidades galegas e os colexios profesionais colaboran no programa de Voluntariado Dixital da Xunta

UNIMÁIS Tic é un novo proxecto do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta para fomentar o voluntariado dixital nas tres universidades galegas. Para conseguilo a Xunta e as universidades colaborarán para conseguir que 150 estudantes e profesores das Enxeñarías de Telecomunicacións e Informática participen como voluntarios dixitais nas entidades de acción social galegas.

Os colexios profesionais porán en contacto aos voluntarios dixitais universitarios cos profesionais do sector TIC para orientalos na súa formación e busca de emprego. Tamén  contribuirán á difusión da oferta tecnolóxica dos grupos de investigación correspondentes ao ámbito de tecnoloxía social e analizarán a posible participación do sector empresarial TIC para transformar estes proxectos en produtos de mercado.

 

O Programa Voluntariado Dixital, a través dos seus servizos e proxectos, está asentando as bases para a constitución dunha plataforma de innovación social galega, que implica o desenvolvemento e a aplicación de novas ideas (produtos, servizos e modelos de xestión) para responder aos retos sociais derivados do envellecemento da poboación, a discapacidade, a pobreza, o desemprego e as desigualdades socias.