O acto contou coa presenza do Reitor da USC, D. Juan José Casares Long e da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Dna. Mar Pereira, así como de parte do profesorado e alumnos, encabezados polo seu director D. Juan M. Lema. Como padriño do acto exerceu o profesor D. José Varela Pet. O CPETIG estivo representado polo seu presidente, quen na súa intervención referiuse á oportunidade que supón o título de Grao en Enxeñaría Informática e o significado que este título ten no eido laboral como unha aposta pola calidade. No peche do acto, o reitor da USC fixo público o anuncio de que foi autorizado o envío a verificación do Master en Tecnoloxías da Información, coa previsión de que a partir do mes de setembro comezará a impartirse na propia ETSE.