Desde o 6 de novembro e ata o vindeiro 20 deste mes está aberto o prazo de inscrición ao Corpo Oficial de Peritos, COP, do CPETIG para o ano 2018.
Considerando que a lista do COP elabórase con periodicidade anual, aquelas persoas que figuren no COP deste ano deben formalizar igualmente a inscrición se queren seguir pertencendo a este corpo durante 2018.
A solicitude de inscrición deberase enviar ao Colexio cuberta e asinada antes do vindeiro 20 de novembro. Todas as solicitudes deberanse enviar por mail a secretaria@cpetig.gal. No caso de non empregar sinatura dixital, ademáis deberase enviar o orixinal por correo postal á sede do Colexio.
Facilitamos o acceso ao regulamento do COP (de obrigado coñecemento e cumprimento).
Tendo en conta a obriga dos peritos de contar cun seguro de responsabilidade civil, o CPETIG realizará as xestións pertinentes para que as persoas interesadas poidan suscribirse ao seguro de RC que ten contratado o CONCITI.
O listado do COP está accesible desde esta web do CPETIG e tamén se difunde entre distintas entidades para facilitar o contacto cos peritos no caso de requirir os seus servizos.