O prazo de inscrición ao Corpo Oficial de Peritos (COP) do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) está aberto ata o vindeiro 18 de decembro.
A inscrición nesta lista, totalmente voluntaria, posibilita o estar incluído na quenda de actuación para participar nas peritaxes solicitadas ao CPETIG. Neste senso, os peritos informáticos poderán desempeñarse nos seguintes perfís:
- Perito xudicial. No esclarecemento de feitos ou obxectos relacionados coa informática o perito aporta unha valoración profesional cualificada e independente en axuda da Xustiza.
- Perito de parte. Dentro dos procesos xudiciais o perito é contratado por unha das partes. Nestes procedementos, tanto o perito como o seu informe son elementos de proba con validez xurídica.
Requisitos para pertencer ao Corpo Oficial de Peritos
Ao ser a Lista do COP de elaboración anual, aquelas persoas que figuren na guía do COP 2022 do CPETIG deberán igualmente formalizar a súa inscrición para seguir pertencendo a este corpo durante o 2023.
Os interesados en formar parte desta lista deberán enviar a súa solicitude de inscrición no Corpo Oficial de Peritos cuberta e asinada, ao correo secretaria@cpetig.gal co asunto: Inscrición COP 2023.
Para garantir o exercicio da actividade de perito, o CPETIG pon á disposición dos seus colexiados un seguro de responsabilidade civil con condicións vantaxosas, ademais dunha bonificación da cota do 50%.
Membros do COP
O Listado de membros do Corpo Oficial de Peritos 2022 está accesible dende a web do CPETIG e tamén se difunde entre distintas entidades co fin de que poidan contactarse estes peritos no caso de requirirse os seus servizos para a realización de informes, ditames, taxacións, peritaxes ou calquera outra actividade profesional.
Ser parte do Listado do COP do CPETIG 2023 permite acceder ás peritaxes informáticas e convertelo nunha oportunidade laboral complementaria á profesión.