Enrique Barreiro, director da ETSE, fala sobre este Máster nunha entrevista na web de Sociedade da Información
Datos do Máster
Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense Duración: 1 curso (60 ECTS) Prácticas opcionais en empresas. Prazas: 30 Páxina web do Máster: www.masterconsultoria.es
Obxectivos
Os obxectivos formativos do Máster Universitario en Consultoría de Software Libre pola Universidade de Vigo son: 1) Coñecer os fundamentos, vantaxes e oportunidades que ofrecen os modelos de desenvolvemento de aplicacións de xestión baseados en software libre. 2) Coñecer e dominar as principais tecnoloxías e frameworks de desenvolvemento de sistemas de información baseados en software libre. 3) Coñecer as principais características dos sistemas de Intelixencia de Negocio e dominar o proceso de implantación e parametrización destes sistemas. 4) Coñecer as principais técnicas de planificación, xestión e control de calidade de proxectos informáticos. 5) Coñecer o marco normativo e obrigacións legais relativos á seguridade dos sistemas de información e de protección de datos. 6) Dominar os principais aspectos e técnicas das actividades da consultoría informática. 7) Coñecer os principais conceptos de estructura da empresa, a función directiva, os procesos de toma de decisións, así como do establecemento da política estratéxica da empresa. 8/ Analizar e modelar os fluxos e medios polos que os directivos das empresas reciben e distribúen a información do negocio. 9) Coñecer os métodos e ferramentas que permiten aliñar a política TIC dunha empresa coas súas necesidades estratéxicas. 10) Coñecer os principais métodos de auditoría e mellora continua en solucións TIC, co fin de poder realizar diagnósticos de situación, priorización de propostas tecnolóxicas e xestionar adecuadamente a infraestructura TIC da organización. 11) Diseñar, aplicar e mellorar continuamente os sistemas de xestión de calidade dos proxectos tecnolóxicos. 12) Coñecer os principais tipos de ameazas aos que está sometido un sistema informático, así como os métodos de protección, detección e políticas de seguridade. 13) Adquirir as capacidades directivas necesarias para liderar e motivar adecuadamente a equipos de traballo multidisciplinares. 14) Dominar as principais estratexias, técnicas e recursos de negociación e presentación. 15) Comunicar ideas e conceptos de xeito convincente de palabra e por escrito.
Inscripción e matrícula
Prazo de preinscripción curso 2008/2009: 1 de xullo ao 14 de agosto Prezos públicos universitarios que estableza o Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario no curso 2008/2009. Posibilidade de matrícula en réxime de formación continua (materias soltas, sen acadar o título de máster) en caso de non cubrirse as prazas. Preinscripción online: https://matricula.uvigo.es/
Módulos
I. TECNOLOXÍAS E FRAMEWORKS DE DESENVOLVEMENTO DE SOFTWARE LIBRE * Introdución ao desenvolvemento de Software Libre * Programación áxil * Plataformas empresariais * Tecnoloxías web 2.0 II. FERRAMENTAS DE SOFTWARE LIBRE PARA INTELIXENCIA DE NEGOCIO * Consultoría e implantación de ERPs * Sistemas de intelixencia de negocio * Implantación de sistemas CRM * Sistemas de comercio electrónico III. ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DAS TIC * Dirección e política estratéxica da empresa * Dirección e xestión das TIC IV. SEGURIDADE E LEXISLACIÓN EN CONTORNOS DE SOFTWARE LIBRE * Consultoría técnica e legal do Software Libre * Administración avanzada de servidores e seguridade en sistemas de información
Titulados con acceso ao máster
COLECTIVO 1: Titulados do Sistema Universitario Español. Preferentemente Enxeñeiros en Informática, Enxeñeiros Técnicos en Informática de Xestión e Enxeñeiros Técnicos en Informática de Sistemas, aunque tamén poderán solicitar praza os titulados de outras titulacións (ver web do máster) COLECTIVO2: Titulados universitarios de países estranxeiros – Estranxeiros con título equivalente aos do Colectivo 1. – Estranxeiros con título homologado aos do Colectivo 1. Ademáis, según o RD56/2005 teñen acceso aos estudos de Máster os alumnos das titulacións de Enxeñeiro Informático, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas ou Enxeñeiro de Telecomunicacións que cursen polo menos 180 créditos de primeiro ciclo, sempre que estean comprendidos nestes 180 créditos o conxunto de materias troncais e obrigatorias. Máis información (programa, criterios de admisión,…): http://www.masterconsultoria.es ou en info@masterconsultoria.es Máster financiado por: – Universidade de Vigo – Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria – Tecnocom – Confederación Empresarial de Ourense – Redegal – IdeIT