A Xunta de Goberno presenta o Colexio ante a dirección da ETSE da USC

 Suliñouse neste último punto a figura dos precolexiados como forma progresiva de que o alumnado entrase en contacto coa profesión. O novo panorama para a profesión e as atribucións profesionais que supoñen a adaptación das Universidades ao Espacio Europeo de Educación do Superior e os novos títulos de grado foron outro dos grandes temas tratados. Perfiláronse desta forma diversas liñas de colaboración tales como a participación do Colexio na elaboración dos novos títulos de grado e programas oficiais de postgrado, a participación na Aula Profesional da ETSE, a difusión da profesión e a organización de actividades orientadas aos estudantes e o apoio loxístico por parte da ETSE ao Colexio, entroutros temas. Ámbalas entidades emprazáronse para profundizar nestes temas e colaborar de forma estreita a través de novas xuntanzas e acordos de colaboración.