A XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, IuristicGal 2022, promovida polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG), celebrarase o próximo 20 de outubro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. No acto de apertura intervirán o Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni Albert, o Director da Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, e o Presidente do CPETIG, Marcos Mata.
A investigación de ciberdelitos nunha realidade que evoluciona cara ao metaverso será un dos eixos temáticos destacado desta edición, que busca afondar nas posibilidades que ofrece este novo mundo para o sistema xudicial. Ademais, abordaranse outras temáticas como a dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia, o estado actual e futuro do sistema xudicial e, a defensa dos dereitos fundamentais nun mundo dixital.
A undécima edición do IuristicGal: “Antoloxía 2010-2022”, que volve a celebrarase de forma presencial a través de cinco relatorios maxistrais e unha mesa redonda final —onde se debaterá acerca de: “O Dereito e a Tecnoloxía, enténdense como deberían?”— contará con poñentes de destacada traxectoria como:
- Joaquín Delgado Martín. Maxistrado da Audiencia Nacional -Sala do Penal- e ex director del Servicio de Modernización y Organización Judicial del Consejo General del Poder Judicial (CGPJ).
- María José García. Directora da área de Administración Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
- Ofelia Tejerina. Avogada experta en TIC e presidenta da Asociación de Internautas. Doutora en Dereito Constitucional pola UCM, e doutoranda na Universidade Pontificia de Comillas. Autora do libro “Seguridad del Estado y Privacidad” (editorial Reus, 2014).
- Eloy Velasco. Maxistrado da Audiencia Nacional. Ex director xeral de Xustiza da Generalitat Valenciana. Investigador destacado da aplicación do Dereito ás novas tecnoloxías e autor de libros como “Ejecución de Sentencias Penales” (editorial Cólex, 1994) e “Delitos Tecnológicos: definición, investigación y prueba en el proceso penal” (editorial Sepin, 2016), entre outros.
- Yago Reboyras. Inspector da Policía Nacional e Xefe do Grupo de Investigación Tecnolóxica da BPPJ de A Coruña, desde o ano 2005.
Esta actividade, que este ano realiza unha retrospectiva polas edicións anteriores, volve a converter a Galicia nun punto de encontro e networking, onde coñecer as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial. De igual xeito, aborda os desafíos que enfronta a Administración de Xustiza, nun mundo onde a dixitalización abre as portas a grandes oportunidades e retos.
O XI IuristicGal, como en pasadas edicións, está impulsado polo CPETIG, no marco do Convenio de Colaboración que mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.
Para poder participar na XI IuristicGal: “Antoloxía 2010-2022”, os interesados en compartir unha xornada de coñecemento e interacción con outros profesionais do sector, deben rexistrase a través do seguinte enlace http://iuristicgal.cpetig.gal/. Neste mesmo espazo pódese descargar o programa completo do evento.