Expertos nacionais e internacionais dos campos académico e empresarial vencellados ás novas tecnoloxías intervirán nas conferencias e mesas redondas que abordarán desde a historia da Facultade de Informática da UDC aos novos camiños para a ciencia da información. O reitor da UDC, José María Barja, clausurará a xornada as 21.00 horas. Ademais, informa a Universidade da Coruña, “Palexco converterase nunha especie de grande aula virtual coa posibilidade de participar en peceiras para ciber e software libre, cunha zona de retroinformática e unha exposición fotográfica”. Segundo a engade a institución académica, as persoas que se acheguen ao recinto coruñés “terán a posibilidade de obter información de todo o que ofrece a carreira de informática e habilitaranse stands comerciais para as empresas convidadas e postos de investigadores nos que terán presenza catro grandes grupos, algúns deles dedicados ásvaplicación móbiles e a telemática”. As exposicións estarán abertas ao público entre as 13.00 e as 22.00 horas. Máis información neste enlace.