Seguro que a cifra real é maior. Mentres, das tres universidades galegas saen ao ano en torno a 430 titulados. Non todos acceden ao mercado laboral, outros non contan co nivel adecuado e hainos que emigran a outras zonas, o que obriga as compañías a limitar a súa expansón, a puxar por traballadores alleos, ou a tratar de achalos, por exemplo, entre os fillos da diáspora galega. Sen as trabas pola baixa oferta de titulados, desde Tecnocom apúntase que se cumpriría con fartura o obxectivo do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información de xerar un milleiro de empregos ao ano para tecnólogos ata 2010.” Por outra parte neste mismo artículo Juan Lema, director da Escola Superior de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas, sinala que o deficit “víase vir desde fai tempo”, pois por cada un dos seus estudantes chegaban “catro prazas para realizar prácticas”. Lema sinala ademáis que o mundo académico está aberto ao diálogo coas empresas, e ata apuntou unha posible solución: liberar aos enxeñeiros informá¡ticos dos labores que poderían desenvolver os técnicos de Informá¡tica que forma a FP.” Podes ler a nova completa en O Correo Galego e a Carta ao Director remitida polo cpetig en relación ao tema.
Algúns estudos rexeitan a escaseza de traballadores no sector TIC
Por outra parte e relacionado con este tema algúns estudos como os da Universidade de Duke (EUA) desmontan o mito da escaseza de traballadores no sector IT e suliñan o escaso entendenmento do funcionamento da forza laboral neste sector e o interesado, ás veces , alarmismo sobre esta situación. Podes ler o artigo orixinal comentando o estudo na revista Baseline ou ler extractos sobre o artigo en castelán a través da web de ingenieros de primera.