19-N: Preto de corenta mil profesionais e estudantes das enxeñarías en informática mobilizáronse

 

movilizacions.jpegEn Galicia desenvolvéronse manifestacións nas cidades de A Coruña, Ourense, Santiago e Vigo, sendo a cidade herculina a que contou coa manifestación co maior número de participantes seguida da de Ourense. Así A Coruña contou nos momentos de maior afluenza de manifestantes (no final do recorrido) con cerca de 3250 manifestantes, sendo por detrás de Madrid a segunda manifestación en participación.

Por outra parte o parón nos centros universitarios de España onde se imparten titulacións universitarias de enxeñarías en informática foi completo.

En cada unha das manifestacións e concentracións de Galicia, e que foran convocadas polos estudantes e apoiadas polos Colexios Profesionais de toda España -incluido o CPETIG-, incorporáronse e uníronse como un máis os membros da Xunta de Goberno do Colexio e multitude de colexiados e precolexiados.

Podes ver as fotos das manifestacións de Coruña eiquí, así como todo o Album do 19N e novas na prensa na páxina que promoveu as movilizacións.
movilizacions2.jpg

Este sábado celébrase en Salamanca a Asamblea 22N, para decidir as próximas accións e medidas a tomar, entre as que se está a plantexar unha folga de dous días a nivel nacional.